sábado, 4 de agosto de 2018

CONCENTRACIÓN NO CAR DE MADRID

Este ano o Gran Premio de España nos deixa un sabor agridoce, por un lado temos que destacar o bronce de Catriel Pehuén nos pesos pesados. O loitador arxentino, como xa relatamos nas pasadas notas, estivo preparando a cita en Vilalba e chegaba a Madrid como unha alternativa importante para acadar as medallas. Acadou o bronce ao perder en primeira rolda ante o uzbeco Davit Modzmanashvili que regresa á competición tras ser a segunda vez que resulta sancionado por dopaxe e gañar posteriormente ao canadiense San Molle cunha espectacular técnica.
A parte amarga a puxo a lesión de Cuba que non lle permitiu loitar polas medallas nunha competición na que acostumaba a ser un fixo nos prezados postos de podio. Aínda así gañou en primeira rolda ante o  sueco Fardin Anosheh, mentrás que no pase á final pouco puido facer cunha soa perna debido ao forte derrame do xeonllo dereito ante o austríaco Johanes Ludescher.
Aínda así, o vilalbés gañou o primeiro enfrontamento e deu mostra do seu nivel internacional.
Agora atópase descansando e recuperándose co obxectivo de poder estar listo para o internacional de Polonia que lle servirá para medir o seu estado e posibilidades de loitar o mundial de Hungría a finais de setembro.

Ningún comentario: