domingo, 15 de abril de 2018

CARLOS YOBANI GARCÍA GAÑA O TORNEO INTERNACIONAL DE LA NUCIA

O vilalbés Carlos Yobani García acaba de gañar o Torneo Internacional de Jóvenes Promesas de La Nucia que celebrou hoxe a categoría júnior na localidade alicantina. Pola súa banda, Roberto Díaz acadou a prata en menos de 60 kg tras caer na final ante o andalúz Andrés Vizcaíno co que xa perdera o seu enfrontamento nos pasados campionatos España. Estas medallas súmanse ao bronce acadado por Samuel Miragaya na categoría cadete desputada onte.
Esta é a primeira cita internacional para os nosos deportistas é pasaba por ser fundamental para os júnior, pois resulta unha proba importante para os posibles seleccionables para europeos e mundiais. Deste xeito Carlos afianza a súa posición como un dos favoritos para representar a España nos próximos europeos júnior e incluso Sub23.
Co obxectivo de continuar a súa selección para as próximas citas internacionais, Carlos permanecerá concentrado esta semana coa selección española no CAR Infanta Cristina de Murcia, despois disto o vilalbés regresará a Vilalba para preparar os próximos campionatos e rematar de recuperarse da lesión de xeonllo producida hai dúas semanas.
Noraboa a todos e a seguir traballando.

venres, 13 de abril de 2018

T.INTERNACIONAL DE JÓVENES PROMESAS

Hoxe parten cara a La Nucia (Alicante) os loitadores vilalbeses Roberto Díaz Orosa e Carlos Yobani García para participar no T. Internacional de La Nucia e no que asisten en calidade de convocados pola selección española co obxectivo de perfilar os loitadores que conformarán o convinado español para os próximos europeos e mundiais. Son moi poucas as prazas que a Federación Española e moitos os candidatos ao largo do estado que adestran cada día co obxectivo de estar nos europeos e mundiais.
O domingo comezará a competición júnior dos nosos deportistas e o luns incorporanse a unha concentración coa selección española en Murcia que durará toda a semana.
Moita sorte a todos!

sábado, 7 de abril de 2018

GERGANA DIMITROVA PLATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB23

Esta fin de semana ven de celebrarse en Madrid o campionato de España de loitas olímpicas da categoría Sub23 no que tivemos a representación de 4 dos nosos loitadores lucenses. O máis salientable deles a prata da rabadense Gergana Dimitrova en libre feminina en menos de 68 kg. A deportista ás ordes de Marcos Carral acada o segundo metal para o Rábade nun estatal feminino despois do bronce acadado por Laura Arias no campionato de España sénior. Os resultados do Rábade xunto coa participación de cada vez máis nenas nas categorías de base das escolas de Vilalba e Xermade é un sinal do asentamento da loita feminina na provincia.
Tamén do Rábade contamos coa presenza de Jonathan Pernas, que en menos de 79 kg non tivo posibilidades de loitas polas medallas.
Do Vilalba temos que destacar o bronce de Adrián Imedio en menos de 57
kg e  o quinto posto de Roberto Díaz Orosa en menos de 65 kg.
A nota negativa a puxo a lesión sufrida o pasado martes por Carlos Yobani García, o que lle impediu participar en menos de 70 kg, categoría na que partía como favorito e coa que contaba sumarlle outro ouro ao acadado hai unhas semanas no júnior. Ao final a categoría a dominou outro galego, Rafael Álvares do San Ignacio de Vigo, amigo e compeñeiro de Carlos que na pasada semana tamén adestrou en Vilalba co obxectivo de ultimar a súa preparación para o Campionato de España.
Noraboa a todos e dun xeito especial a Gergana e Marcos Carral por seguir abrindo o camiño da loita feminina lucense!

martes, 3 de abril de 2018

CARLOS YOBANI CONCENTRADO COA SELECCION ESPAÑOLA

O vilalbès Carlos Yobani acaba de chegar da concentración coa selección española jùnior que se celebrou durante a Semana Santa en Torre del Campo (Jaèn). À actividade estaban convocados os principais loitadores de cada categoría como toma de contacto cos seleccionadores de cara a valorar a sùas posibilidades  nos próximos europeos e mundiais.
Carlos chega xusto para preparar os campionatos de España Sub23 que se celebraran en Madrid a próxima fin de semana  e no que terà que desputar a categoría de menos de 70 kg, unha superior à sùa debido à dificultade de dar os 65 kg da sùa categoría dun xeito tan regular. Aìnda así agardamos que Carlos poda subir ao màis alto do podio e rematar por posicionarse como un dos principais favoritos para ser convocado para o continental jùnior desta tempada.