luns, 13 de novembro de 2023

I MEMORIAL ALEXANDER KATCHELAEV

 

Este sábado acudimos á esperada cita na honra ao que foi a figura máis importante da loita galega nas últimas décadas. 

O noso club, como non podía ser doutro xeito, estivo presente con algúns dos nosos deportistas. Kevin Cuba acadou o ouro en cadete menos de 92 kg, mentres que Ramón Monasterio tamén subiu ao máis alto do podio ao domiñar a categoría sénior en menos de 97 kg. Para Ramón a competición supuxo retomar a competición despois de varias tempadas de parón.

Á cita tamén acudiu Jairo Mosteiro que se estreaba competindo en cadete menos de 60 kg e que non puido pasar da primeira rolda.

Alexander Katchelaev foi seleccionador da URSS na época en que este equipo consolidouse como a primeira potencia mundial en loita. Ademais de ser adestrador de varios campións olímpicos e mundiais foi xefe do equipo da URSS traballando con varios dos técnicos que hoxe domiñan a loita no planeta. Chegou a Galicia no ano 1991 para facerse cargo do equipo de loita do CGTD de Pontevedra e despois de case 40 anos de traballo foi o formador de moitos dos que nos puxemos baixo a súa batuta sendo aínda nenos. Sasha, como lle chamábamos, abriunos portas en lugares que naquela época semellaban lonxanos para occidente  e percorrimos parte do Mundo adestrando cos mellores loitadores do momento.

Para o noso club esta cita será unha data importante no calendario como mostra de respeto á persoa que tanto nos aportou.

xoves, 28 de setembro de 2023

KEVIN CUBA MELLOR LOITADOR DA PROVINCIA NOS PREMIOS DO DEPORTE DE EL PROGRESO

O noso deportista Kevin Cuba acada o premio ao mellor deportista de loita da provincia nos Premios ao Deporte Lucense organizado polo Progreso de Lugo e e cuxa ceremonia tivo lugar o 28 de setembro no Gran Hotel da capital da provincia.

Kevin foi recoñecido polo seu título de Campión de España Cadete así como os ouros nos galegos cadete e júnior e outras citas internacionais.
 

luns, 18 de setembro de 2023

CUBA PERDE EN PRIMEIRA ROLDA NO MUNDIAL 2023

 

O Vilalbés José Cuba perdeu o primeiro combate ante o exipcio Kamal Gouda no Campionato do Mundo Sénior que se está a celebrar en Belgrado.

Esta era a primeira proba clasificatoria para os Xogos OLímpicos de París 2024 e as 5 prazas que se xogaban vendéronse moi caras estando todas reservadas aos loitadores das principais potencias mundiais deste deporte.

O noso deportista terá novas oportunidades nos torneos clasificatorios que comezarán no 2024.

Outro dos deportistas que periódicamente se prepara en Vilalba tamén tentou a clasificación neste Mundial. Trátase de Catriel Pehuén, loitador de Arxentina que busca clasificar para os xogos olímpicos ao primeiro peso pesado do país americano. Catriel tamén terá que esperar aos torneos clasificatorios ao perder en Belgrado ante o estadounidense Mark Parris.


luns, 10 de xullo de 2023

CUBA 4º NO GRAN PREMIO DE ESPAÑA

 

Onte domingo tivo lugar no Pavillón Exterior do CSD de Madrid o Gran Premio de España de loitas olímpicas no que se mediron loitadores e loitadoras de todo o Mundo.

José Cuba representou a España en libre olímpica menos de 125 kg acadando un 4º posto tras retirarse por molestias musculares. O vilalbés comezou gañando ante o canadiense Roger Le por superioridade e perdendo posteriormente ante o coreano Jung Yeihyun por un punto nun axustado combate. O posterior ouro acadado polo coreano deulle a Jose Cuba a posibilidade de repescar na loita polo bronce pero decidiu non continuar na competición despois dun tirón muscular na zona lumbar no combate ante o coreano.

O noso deportista tomará un par de semanas de descanso para recuperarse e comezar a preparar a súa participación no Mundial de Belgrado a mediado de setembro, proba decisiva por é o primeiro evento clasificatorio no que se xogarán as primeiras prazas para os Xogos Olímpicos de París 2024.

domingo, 21 de maio de 2023

VILALBA CAMPIONA GALEGA DA LIGA DE DEPORTE BASE

 Onte tivo lugar en Santiago a Xornada Final da Liga Galega de Deporte Base na que o noso club proclamouse campiona por segundo ano consecutivo. A competición, adaptada ás características das e dos deportistas máis novos, reúne aos principais clubs galegos que forman equipos coas categorías prebenxamín, benxamín e alevín e que vanse clasificando para a Xornada Final en varias xornadas territorias previas.

Moitos dos nosos e das nosas deportistas non puideron participar na final debido á coincidencia nestas datas con outros compromisos pero a alta puntuación obtiva na Xornada Norte clasificatoria serviu de colchón para revalidar este primeiro posto.

Aos varios títulos de campións galegos e de España desta tempada sumamos agora este título que nos coloca por segundo ano consecutivo como a mellor escola de deporte base de loita en Galicia, o que da ánimos para seguir coa liña de traballo retomada trala crise sanitaria.

As próximas citas dos nosos deportistas serán o Gran Premio de España sénior e o posterior Mundial clasificatorio onde José Cuba pode culminar unha magnífica tempada para a loita Vilalbesa.


domingo, 14 de maio de 2023

JOSE CUBA ACADA O SEU DECIMO NOVENO TÍTULO DE CAMPIÓN DE ESPAÑA

O noso deportista máis destacado acaba de gañar o Campionato de España Sénior que se celebrou este sábado na localidade murciana de San Javier. Cuba, que disputou a categoría dos pesos pesados na modalidade de Libre Olímpica, acada así o seu décimo noveno título nacional absoluto sendo o loitador español con máis títulos de Campión de España. Para que nos fagamos unha idea da proeza do noso deportista so hai que pensar que moitos dos loitadores que participaron nestes campionatos de España aínda non naceran cando José Cuba gañaba o seu primeiro título de campión de España.

Esta é unha boa nova para Jose, que ven de  recuperarse dunha rotura dun dedo que o deixou sin participar no pasado Campionato de Europa.

O noso club tamén contou coa presenza de Catriel Pehuén que loitou representándonos nos pesos pesados pero na modalidade de grecorromana e que acadou unha valiosa prata para a nosa escola. Catriel fixo un gran esforzo para estar en San Javier pois ven de gañar o bronce nos Campionatos Panamericanos e representado a Arxentina, o seu país natal. O arxentino tivo a xenerosidade de desprazarse a Murcia dende Arxentina sen apanas descansar e loitando na modalidade de grecorromana, modalidade da que non é especialista, o que lle da un maior mérito a súa prata.

Agora os dous deportistas seguirán coa súa preparación en Vilalba coa vista posta no Gran Premio de España e despois o Mundial como primeira cita clasificatoria para os Xogos de París 2024.


domingo, 7 de maio de 2023

VILALBA 3ª CADETE NOS CAMPIONATOS GALEGOS DE LOITAS OLÍMPICAS


Esta fin de semana tiveron lugar no Pavillón do CGTD de Pontevedra os Campionatos Galegos de Loitas Olímpicas das categorías Cadete e Sénior nos que obtivemos varias medallas.

Na categoría cadete destacaron os ouros de Kevín Cuba en menos de 110 kg e de Boris Reshetniak en menos de 65 kg e o bronce de Xiao Seoane tamén na categoría de menos de 65 kg. As 3 medallas axudaron a que o club acadese o 3º posto por equipos na categoría cadete de Libre Olímpica.

Kevín e Boris confirman o seu bo estado de forma ao non perder ningún enfrontamento durante a tempada e gañar todos os campionatos nos que loitaron.

Na categoría sénior destaca o Ouro de José Cuba que domiñou en menos de 125 kg. Jose Luis Puentes loitou en menos de 97 kg acadando un 5º posto. Nesta categoría temos que salientar o Ouro de Martín Vázquez do Rábade que gañou a categoría.

A seguinte cita para os sénior serán os próximos Campionatos de España sénior que terán lugar na localidade murciana de San Javier na que acompañando a Cuba tamén loitará Catriel Pehuén Muriel que este sábado tamén acaba de gañar o bronce en 125 kg nos Campionatos Panamericanos que se están a celebrar en Buenos Aires. Catriel que loita por arxentina, o seu país natal, instalouse esta tempada en Vilalba despois de 6 anos adestrando en Daghestán (Rusia) co obxectivo de levar a cabo parte da súa preparación para a clasificación olímpica.

domingo, 23 de abril de 2023

KEVIN CUBA GAÑA O T.I. JÓVENES PROMESAS

O noso deportista ven de gañar o Torneo Internacional de Jóvenes Promesas que se celebrou esta fin de semana na localidade alicantina de La Nucia na que foi a súa primeira convocatoria co equipo nacional cadete despois de gañar os pasados Campionatos de España.

Kevin, que é especialista en Libre Olímpica, so tivo un enfrontamento ante o actual campión de España da modalidade de grecorromana nun combate no que o primeiro asalto sería en Grecorromana e o segundo en Libre Olímpica.

A próxima cita para Kevín será o campionato galego cadete do 6 de maio no que intetará facer o maior número de combates posibles nunha tempada dificil para os cadetes de primerio ano.



domingo, 26 de marzo de 2023

1º POSTO NA XORNADA NORTE DA LIGA DE DEPORTE BASE

Esta fin de semana o noso equipo das categorías base acadou o primeiro posto na Xornada Norte da Liga de Deporte Base que celebrou no Pavillón do colexio Diocesano San Lorenzo de Lugo e que enfrentou a 7 equipos de Ourense, Coruña, Lugo e o equipo da Federación Asturiana.

En total máis de 200 nenas e nenos entre 6 e 12 anos fixeron disfrutar ás nais e pais do que levan aprendido durante esta tempada nunha xornada de preto de 3 horas, na que puidemos ver dende o esforzo das e dos recén iniciados aos despuntes de talento dos e das que xa levan anos facendo deporte. Este é un dos aspectos máis característicos destas xornadas que cada vez teñen máis participantes, e é que están adaptadas para que calquera neno ou nena independentemente do seu nivel poda participar no que o carácter competitivo queda nun segundo plano.

Nesta primeira xornada o noso equipo alzouse co primeiro posto ao acadar 174 puntos seguido do Ayude de Santiso e do Keltoi de Vila de Cruces con 127 e 125 puntos respectivamente.

Con este primeiro posto o equipo de Vilalba, que estivo composto por parte dos deportistas da Escola Municipal de Loita de Vilalba e unha pequena representación de deportistas de Escola Municipal de Xermade, clasificouse para a Final A da Liga de Deporte Base  no que poderemos medirnos cos compañeiros mellor clasificados na Xornada Sur.



luns, 13 de febreiro de 2023

CAMPIONATOS DE ESPAÑA U15, U17 e U23

Esta fin semana houbo unha intensa xornada de loitas olímpicas na localiade sevillana de Carmona na que se disputaron os campionatos de España das categorías U15, U17 e U 23 con centos de loitadores desprazados a terras andaluzas.

Vilalba contou con loitadores nas 3 categorías cun resultados bastante promotedores para o futuro da loita vilalbesa.

Na categoría U15 tivemos a representación de Boris Reshetniak en menos de 57 kg o cal domiñou a competición alzándose co Ouro despois de gañar 4 combates. Boris con 13 anos que aínda é Escolar (U15) de primeiro ano venceu por superioridade a tódolos adversarios, incluído ate o que era vixente Campión de España. O loitador ucraniano chegou a Vilalba coa súa familia hai agora preto dun ano escapando da guerra, e xunto ao seu pai e adestrador Arkadi Ilimetov, atopou en Vilalba a posibilidade de continuar coa práctica deste deporte no que comezou no seu país de orixe cndo era un neno.

Na categoría de U17 en menos de 110 kg foi Kevin Cuba o que subiu ao máis alto do podio acadando un ouro agridoce. Kevin chegou a Carmona depois de gañar a súa clasificación gañando a todos os seus opoñentes  nos Campionatos Galegos e na pasada Copa de Galicia e despois duns intensos meses de adestramentos diarios, sen embargo non tivo oportunidade de demostrar a súa preparación en terras andaluzas ao quedar a súa categoría deserta.  A pesares desta pequena desilusión para este xoven loitador seguiremos adestrando diáriamente coa vista posta nas seguintes concentracións e actividades internacionais para os que Kevín será convocado. Temos que lembrar que a pesares do seus 190 cm e máis de 100 kg, Kevin aínda é cadete de primeiro ano e que aínda ten por diante varios anos nesta categoría de idade.

Na categoría U23 contamos coa presenza de Bekbol Ongarov que na modalidade de Grecorromana en menos de 77 kg tivo que conformarse cun 6º posto despois dun erro no primeiro enfrontamento.

O próximo Campionato de España será o Sénior, no que teremos tamén varios loitadores e no que agardamos un novo título absoluto para José Cuba.

sábado, 28 de xaneiro de 2023

GALA DO DEPORTE VILALBES

 


O noso deportista  José Cuba foi galardoado esta noite pola súa traxectoria deportiva na Gala do Deporte Vilalbés organizada polo Concello de Vilalba.

Cuba non puido estar presente na gala ao estar disputando a Copa Galega en Pontevedra polo que recolleu o premio no seu lugar Iván Castro da man da alcaldesa de Vilalba Elba Beleiro.

Este recoñecemento ao noso deportista súmase a outros que xa ten recibido en diferentes ocasións e que sempre teñen unha especial emotividade polo que siñifica que o teu pobo teñe presente o teu traballo.

Noraboa ao noso deportista máis internacional, así como aos demais premiados e nominados e moitas grazas ao Concello de Vilalba por telo presente.

3ª COPA DE GALICIA

Esta fin de semana tivo lugar no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra a 3ª Copa de Galicia de loitas Olímpicas das categorías U15, U17 e Sénior.

O noso Club tivo representación na competición compando os primeiros postos en moitas das categorías.

En U15, Boris Reshetniak domiñou a categoría de menos de 57 kg mentres que Andrés Maceira acadou o Bronce en menos de 68 kg. Nicolás González rematou en 5º posto en menos de 48 kg.

En U17, foi Kevin Cuba o que subiu ao máis alto do podio gañando o Ouro en menos de 110 kg mentres que Xiao Seoane gañou o Bronce en menos de 65 kg.

Xa na categoría Sénior, tivemos triplete de Ouros cos primeiros postos de José Cuba en menos de 125 kg, Jose Luís Puentes en menos de 92 kg e Bekbol Ongarov en Grecorromana en menos de 72 kg.

A próxima cita para varios destes deportistas serán os Campionatos de España que terán lugar o próxima 11 de febreiro na localidade sevillana de Carmona.

domingo, 15 de xaneiro de 2023

3º POR EQUIPOS NOS CAMPIONATOS GALEGOS ESCOLAR E JÚNIOR


Este sábado tiveron lugar no pavillón do CGTD de Pontevedra os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías Escolar e Júnior no que tivemos a varios loitadores vilalbeses. Entre eles destacaron Kevín Cuba (júnior menos de 125 kg) e Boris Reshetniak (Escolar menos de 57 kg) que acadaron sendos ouros, obtendo o pasaparte para loitar os próximos campionatos de España que terán lugar o próximo mes de febreiro en Carmona.

A Pontevedra tamén viaxaron Xiao Seoane (júnior menos de 60 kg) e Nicolás González (escolar menos de 52 kg). A pesares de que os dous loitadores fixeron varios combates non consegurion subir ao podio nas súas categorías.

Os próximo campionato será a Copa de Galicia Sénior e Cadete que terán lugar a finais de mes en Santiago de Compostela