sábado, 4 de agosto de 2018

CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL NO CGTD DE PONTEVEDRA

Do 2 ao 5 de xullo tivemos a oportunidade de participar cos nosos deportistas máis destacados das categorías anteriores á absoluta na concentración internacional que a Federación Galega de Loita organizou no CGTD de Pontevedra e que contou coa presenza de varios loitadores do equipo alemán júnior e sub23 así como varios loitadores do equipo ruso que participarían posteriormente no Gran Premio de España.
Esta concentración foi especialmente interesante para Carlos Yobani García que se atopaba en plena preparación do europeo júnior de Roma. Precisamente tivemos ata o último intre a incógnita de si este deportista podería ou non participar na actividade debido ao veto que a dirección do centro ten imposto a este deportista e que levou á negativa nun primeiro momento a poder adestrar no centro. Prohibición que foi levantada tras a reclamación da federación ante a Secretaría Xeral.
Ao final, e a pesares das iniciais trabas inxustificadas, a actividade foi todo un éxito e os nosos deportistas puideron medirse con atletas doutros países..

Ningún comentario: