domingo, 7 de outubro de 2018

CUBA 5º NO MUNDIAL DE LOITA PRAIA

O noso deportista máis internacional ben de conquerir o 5º posto no mundial de loita praia que se celebrou na praia de Sarigerme (Turquía) esta fin de semana. O vilalbés estreábase nesta modalidade gañando en primeira rolda ante o rumano Trufan en en segunda ante o húngaro Borsos. Foi na terceira rolda onde caeu ante o turco Mete quedando fóra da loita polas medallas pero subindo a un 5º merecido posto na súa estrea na modalidade.
Tras un merecido descanso duns días, comezará a preparar as principais citas do 2019, entre as que se atopa o campionato de España e o mundial como primeira proba clasificatoria para os Xogos de Tokio.

venres, 5 de outubro de 2018

Cuba disputará o Mundial de Loita Praia en Turquía

O vilalbés José xa se atopa na praia de Sarigerme en Turquía para disputar o mundial abosoluto de loita praia. Esta proba é clasificatoria para os xogos mundiais de deportes na praia que se celebrarán o próximo ano nas praias de San Diego en USA. Tamén é unha nova experiencia para o noso deportista que lle pode axudar a aumentar as competicións internacionais e prepararse de cara ás principais citas internacionais da modalidade olímpica.
Moita sorte.