domingo, 24 de xullo de 2016

CAMPIONATO DE EUROPA CADETE


Remata a participación dos vilalbeses Carlos Yobanni García e Roberto Díaz Orosa no Campionato de Europa Cadete de Loitas Olímpicas clasificándose nos postos 28 e 21 respectivamente. Carlos en menos de 58 kg perdeu na rolda de clasificación por 7-0 ante o húngaro Zoltan Vilhem nunha categoría dominada polo ruso Ali Sheriev.

Roberto, que disputou a categoría de menos de 54 kg, caeu nun axustado combate ante o italiano Felici Matrullo por 6-3. Nesta categoría o ouro foi para o grego Georgios Pilidis.

Ningún dos vilalbese puido loitar polas medallas ao non acceder ás repescas, aínda así amosaron un bo nivel con combates moi igualados que nos fan pensar no bo camiño comezado hai uns anos coas nosas categorías de base.

O outro galego en Suecia, Rafael Álvarez tamén caeu en primeira rolda por superioridade técnica ante o armenio Davit Gevorvyan en menos de 69 kg. 

Pero o grande éxito da loita española e galega veu da man da loita feminia. Por un lado a loitadora do Keltoi de Vila de Cruces Judit Varela en menos de 65 kg que acadou un histórico 7º posto para Galicia. A galega venceu en primeira rolda á estonia Marta Pajula, caeu en oitavos ante a húngara Emese Elekes que á postre dominou a categoría, o que lle deu a Judit a posibilidade de entrar na repesca polas medellas. Aquí a galega venceu no primeiro combate á turca Fredyie Askoy caéndo no pase á loita polo bronce ante a ucraniana Anastasiya Lavrenchuk.

O mellor resultado acadouno a andaluza Ana Torres cun bronce.

Os vilalbeses voltarán a Vilalba esta semana onde tomarán uns días de descanso ata o 17 de agosto, data na que comezaremos a pretempada e analizaremos os erros e posibles melloras de cara a próxima tempada. Tempada na que agora Roberto, Carlos e varios dos deportistas de Vilalba e Rábade acompañarán a Ramón Monasterio na categoría júnior. En cadete, destacar o segundo ano na categoría de Yago López que tentará repetir título de campión de España e desputar o europeo cadete con posibilidades dun bo resultado.

Noraboa a todos e ánimo para seguir mellorando!

xoves, 14 de xullo de 2016

OS VILALBESES ROBERTO DÍAZ OROSA E CARLOS YOBANNI GARCÍA PREPARADOS PARA O EUROPEO CADETE


Xa está todo listo para que os nosos deportistas viaxen a Suecia onde se medirán aos mellores loitadores cadetes do continente. Roberto Díaz e Carlos Yobanni, que agora ultiman a súa preparación na concentración estatal do CAR de Madrid, viaxarán este domingo cara a capital sueca para desputar o seu primeiro campionato europeo de loita.
Os vilalbeses formarán parte do combinado que disputará o europeo do o 19 ao 24 de xullo e no que tamén estarán os galegos Rafael Álvarez (San Ignacio) e Judith Varela (Keltoi) ademáis do burgalés Mario Alonso e o valenciano Javier Andújar. 
Carlos terá medirase na categoría de menos de 58 kg o día 19 mentras que Roberto fará o mesmo na categoría de menos de 54 kg ao día seguinte.
A participación dos vilalbeses no europeo foi posible á axuda extraordinaria da Deputación de Lugo, institución que sempre se mantivo activa no desenrolo e fomento deste deporte na provincia e sen a cal sería moi difícil falar hoxe desta nova xeración de deportistas que nos próximos anos liderará a elite do deporte lucense. Tamén temos que agradecer a colaboración das federacións galega e española por facilitar a participación dos nosos deportistas en cocentracións e actividades preparatorias para chegar á cita na mellor forma física.
O noso adestrador e técnico do equipo español Nicolás Castro que se atopa adestrando á selección española no CAR de Madrid amósase ilusionado coa participación dos vilalbeses en Estocolmo e, a pesares de que será o seu primeiro continental e o campionato máis duro no que participaron ate o de agora, agarda que os nosos deportistas saberán manter o nivel ante calquera rival que lles puidese tocar.
Os afeccionados, familiares e amigos poderán seguir os combates dos nosos loitadores en streaming na páxina oficial do evento (http://www.huddingebk.se/).

Moita sorte a todos e ánimo, todos estamos moi orgullosos deste rápaces!

domingo, 3 de xullo de 2016

CATRIEL PEHUÉN CAE EN PRIMEIRA ROLDA NO GRAND PRIX DE ALEMANIA

Catriel Pehuén non puido superar ao turco Dede Yunus Emre ante o que caeu por superioridade técnica. Tamén quedou fora da loita polas preseas ao perder o turco na segunda rolda ante o representante polaco Kamil Skaskiewicz.
Catriel comezou a tempada pasada a loitar por Arxentina ao ser becado no CENARD (Centro de Alto Rendemento), deixou Vilalba onde comezou a practicar este deporte para instalarse no seu país de orixe e onde lle brindaron máis posibilidades de adestramento.
Tras permanecer concentrado en Alemania varias semanas para preprarar a cita xermana viaxará esta semana a Lugo para preparar en Vilalba a súa participación no Gran Premio de España que se disputará o próximo 9 de xullo en Madrid.

LOITA NO CAMPAMENTO DO RACING VILALBÉS

Grazas aos organizadores do Campus Racing Club Vilalbés tivemos a oportunidade de participar neste evento apadriñado polo futbolista Roberto Trashorras e dar a coñecer un pouco máis o noso deporte entre os preto de 80 participantes.
Este é o segundo ano que nos convidaron a participar desta gran experiencia e agardamos poder seguir colaborando nas futuras edicións deste evento tan importante do verán vilalbés.
Moitas grazas.

CONCENTRACIÓN DE XÓVENES TALENTOS VILALBESES NO CGTD DE PONTEVEDRA


Esta semana rematou a primeira concentración de xóvenes talentos do CGTD de Pontevedra na que participaron varios loitadores vilalbeses. Esta concentración ten como principal obxectivo selecionar a aqueles loitadores galegos coas mellores aptitudes deportivas e académicas para seren becados como internos no centro de tecnificación deportiva de Pontevedra. Entre os seleccionados este ano atópase o vilalbés Rubén Fraga que tras acadar o primeiro posto no campionato galego escolar e aprobar todo en segundo da ESO poderá escoller agora entre continuar a estudar e adestrar en Vilalba ou concentrarse durante todo o ano nas instalacións do centro pontevedrés.
Actualmente no CGTD de Pontevedra atópanse estudando e adestrando os vilalbeses Carlos Sarita Yobanni e Roberto Díaz que entraron becados a pasada tempada tras acadar sendos campionatos de España cadetes. Os dous deportistas tamén participaron na concentración desta semana  co obxectivo de preparar a súa participación nos próximos campionatos de europa cadetes que se celebrarán a mediados de xullo en Estocolmo e na que participaremos grazas á axuda concedida pola Deputación de Lugo.
Na concentración pontevedresa tamén participou Yago López, que tras acadar tamén o campionato de España cadete foi solicitado polo técnicos da federación galega para axudar á preparación dos loitadores que preparan as súas citas internacionais.
Mañá comeza a segunda semana de concentración e Carlos, Roberto e Yago voltarán á cidade do Lérez para continuar a súa preparación. O 9 de xullo concentraranse no CAR do CSD de Madrid para ultimar a súa participación continental de Suecia.