luns, 13 de febreiro de 2023

CAMPIONATOS DE ESPAÑA U15, U17 e U23

Esta fin semana houbo unha intensa xornada de loitas olímpicas na localiade sevillana de Carmona na que se disputaron os campionatos de España das categorías U15, U17 e U 23 con centos de loitadores desprazados a terras andaluzas.

Vilalba contou con loitadores nas 3 categorías cun resultados bastante promotedores para o futuro da loita vilalbesa.

Na categoría U15 tivemos a representación de Boris Reshetniak en menos de 57 kg o cal domiñou a competición alzándose co Ouro despois de gañar 4 combates. Boris con 13 anos que aínda é Escolar (U15) de primeiro ano venceu por superioridade a tódolos adversarios, incluído ate o que era vixente Campión de España. O loitador ucraniano chegou a Vilalba coa súa familia hai agora preto dun ano escapando da guerra, e xunto ao seu pai e adestrador Arkadi Ilimetov, atopou en Vilalba a posibilidade de continuar coa práctica deste deporte no que comezou no seu país de orixe cndo era un neno.

Na categoría de U17 en menos de 110 kg foi Kevin Cuba o que subiu ao máis alto do podio acadando un ouro agridoce. Kevin chegou a Carmona depois de gañar a súa clasificación gañando a todos os seus opoñentes  nos Campionatos Galegos e na pasada Copa de Galicia e despois duns intensos meses de adestramentos diarios, sen embargo non tivo oportunidade de demostrar a súa preparación en terras andaluzas ao quedar a súa categoría deserta.  A pesares desta pequena desilusión para este xoven loitador seguiremos adestrando diáriamente coa vista posta nas seguintes concentracións e actividades internacionais para os que Kevín será convocado. Temos que lembrar que a pesares do seus 190 cm e máis de 100 kg, Kevin aínda é cadete de primeiro ano e que aínda ten por diante varios anos nesta categoría de idade.

Na categoría U23 contamos coa presenza de Bekbol Ongarov que na modalidade de Grecorromana en menos de 77 kg tivo que conformarse cun 6º posto despois dun erro no primeiro enfrontamento.

O próximo Campionato de España será o Sénior, no que teremos tamén varios loitadores e no que agardamos un novo título absoluto para José Cuba.