luns, 22 de abril de 2024

KEVIN CUBA GAÑA O T.I JÓVENES PROMESAS

Esta fin de semana disputouse en terras La Nucia (Alicante) o Torneo Internacional Jóvenes Promesas que a  Federación Española organiza dentro do calendario da United World Wrestling e no que os mellores loitadores das categorías previas á senior teñen a oportunidade de enfrontarse a loitadores doutros países.

O noso deportista Kevin Cuba puido loitar na xornada do sábado na categoría U17 alzándose co ouro en menos de 92 kg. Tras alzarse co primeiro posto deuselle a oportunidade de disputar a categoría U20, xa na xornada de domingo, e na que conformouse co bronce tras gañar ao británico Joab Snyed e perder por superioridade ante Iago fernández e Mikola Tolmachov.

Kevin permanecerá concentrado esta semana no CAR Infanta Cristina de Murcia de onde sairán os selecciónados para os europeos e mundiais das diferentes categorías.

luns, 15 de abril de 2024

2º POSTO NA XORNADA NORTE DA LIGA DE DEPORTE BASE


 Este sábado acudimos a Vila de Cruces para participar coas nosas e os nosos deportistas máis xóvenes na Fase Norte da Liga de Deporte Base de Loita.

Nesta fase participaron máis de 200 nenas e nenos de entre 5 e 13 anos en equipos mixtos pertencentes a 7 clubs.

O noso equipo foi un dos máis numerosos rematando en 2ª posición por detrás da Escola Ayude de Santiso que co Keltoi de Vila de Cruces en 3 lugar,  seremos os 3 clubs que participaremos na final A da Liga de Deporte base xunto aos 3 clubs clasificados na pasada Fase Sur.

Esta actividade ten un carácter lúdico no que prima a participación de todas as nenas e nenos con independencia do nivel ou tempo de práctica adaptando o regulamento ás e aos máis novos.

Para a próxima final do 25 de maio contamos con levar un equipo con máis deportistas que tentarán demostrar o aprendido durante as escolas deste ano.


venres, 12 de abril de 2024

RECEPCIÓN NO CONCELLO


Esta semana as nosas e os nosos deportistas participantes nos pasados campeonatos de España U13, U17 e U20 foron recibidos no Concello de Vilalba pola nosa alcaldesa Marta Rouco e a concelleira de deporte Paula Vigo. As autoridades municipais felicitaron de maneira especial a Jimena García por ser  a primeira vilalbesa en acadar o título de Campiona de España na categoría U 13 e a Kevin Cuba por facerse co ouro en U117 e a prata en U20. 

Quique González, Héctor Somoza e Bruno Pintos tamén foron felicitados pola súa participación nos pasados campionatos de España U13 que se celebraron o 16 de marzo en León.


domingo, 17 de marzo de 2024

OUROS VILALBESES NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA U13 e U17


Este sábado tiveron lugar os Campionatos de España de loitas olímpicas das categorías U13 e U17 no Palacio dos Deportes de León nos que tivemos unha nutrida representación vilalbesa.

En U13 temos que destacar os ouros de Jimena García en menos de 60 kg e Enrique Seoane en menos de 65 kg, mentres que Héctor Somoza acadou un meritorio 5º posto en menos de 50 kg.

En U17 foi Kevin Cuba o que se fixo co ouro en menos de 92 kg acadando por segunda vez o título de Campión de España.

O noso club foi o que máis Campións de España aportou para a Selección Galega que se fixo co segundo título por comunidades autónomas.

Ademais dos vilalbeses tamén temos que destacar os resultados acadados polos loitadores do Club de Loita Lugo, destacando os bronces de Clara Carromacho en U17 e Ana López en U23 e o 7º posto de Bruno Pintos en menos de 45 kg U13.

A semana que ven Kevin Cuba voltará a loitar nos Campionatos de España da categoría U20.

domingo, 10 de marzo de 2024

CONCENTRACIÓN AUTONÓMICA U17

 

Este sábado estivemos na concentración autonómica que a Federación Galega organizou no CGTD de Pontevedra para reunir aos próximos participantes nos Campionatos de España das categorías U15 3 U17 que se disputarán en León o próximo 16 de marzo xunto á categoría U13.

En Pontevedra estivo Kevín Cuba que se prepara para loitar a categoría de menos de 92 kg tanto en cadete como en júnior.

A León tamén viaxarán varios loitadores vilalbeses que participarán na categoría de U13.

sábado, 2 de marzo de 2024

CONCENTRACIÓN AUTONÓMICA U13


Varios dos nosos deportistas participaron este sábado na concentración preparatoria previa aos Campionatos de España U13 que terán lugar en León o próximo 16 de marzo. A actividade tivo lugar nas instalacións do CGTD de Pontevedra e asistiron os medallistas dos pasados campionatos galegos.

A actividade asistiron Omar Guerreiro, Lucas García, Antón González, Héctor Somoza, Enrique Seoane, Noela González, Noelia Vilasuso, África Montenegro e Alejandra Valle acompañados do técnico Iván Castro.

domingo, 18 de febreiro de 2024

VILALBA CAMPIONA DE GALICIA U13

 Hoxe celebráronse os Campionatos Galegos das categorías U13 e U17 no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo nos que o noso club alzouse co primeiro posto por equipos na categoría U13 ao acadar 3 ouros e 3 bronces en loita feminina e 2 ouros e 1 bronce loita masculina.

Os ouros en loita feminina os acadaron Alejandra Valle en menos de 45 kg, África Montenegro en menos de 60 kg e Jimena García en menos de 65 kg. Os bronces foron para Noela González en menos de 60 kg e Noelia Vilasuso en menos de 65 kg.

En loita femina tamén participaron Lara Fernández en menos de 40 kg e Carmen Paredes en menos de 65 kg.


Os ouros en loita masculina foron para Héctor Somoza en menos de 50 kg e Enrique Seoane en menos de 65 kg mentres que Omar Guerreiro fíxose co bronce en menos de 35 kg.

En maculino U13 tamén participaron Lucas García e Marco Gaute en menos de 40 kg, Antón González e Xavi Yañez en menos de 45 kg.

Bruno Pintos que loitou polo Lugo acadou o bronce en menos de 45 kg.

Todos os deportistas tiveron un gran desempeño tendo en conta que era a primeira competición dos U13 co regulamento oficial, pero os resultados femininos teñen un sabor especial por seren os primerios podios en loita feminina na historia do noso club.

Na categoría U17 tivemos a representación de Kevin Cuba que domiñou a categoría facéndose co ouro en menos de 92 kg. 

As próximas citas, xa no mes marzo, serán os campionatos de España das categorías cadete e júnior nas que participará Kevin así como o inicio das Xornadas de Deporte Base nas que presentaremos un equipo mixto de nenas e nenos.

sábado, 3 de febreiro de 2024

KEVIN CUBA 3º NO CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR

 Os noso club participou esta fin de semana nos Campionatos Galegos de loitas olímpicas da categoría júnior que tiveron lugar no Pavillón do CGTD de Pontevedra. Os deportistas que nos representaron foron Kevín Cuba en menos de 125 kg e Xiao Seoane en menos de 65 kg.

Kevin acadou o bronce mentres que Xiao tivo que conformarse cun 5º posto tras gañar un enfrontamento e perder os dous seguintes.

A próxima competición será o Galego U17 no que Kevin volverá a competir na súa catogoría de idade e no seu peso 92 kg.

Xiao seguirá adestrando para coller experiencia nos próximos torneos de clubs aos que podamos asistir.