sábado, 28 de xaneiro de 2023

GALA DO DEPORTE VILALBES

 


O noso deportista  José Cuba foi galardoado esta noite pola súa traxectoria deportiva na Gala do Deporte Vilalbés organizada polo Concello de Vilalba.

Cuba non puido estar presente na gala ao estar disputando a Copa Galega en Pontevedra polo que recolleu o premio no seu lugar Iván Castro da man da alcaldesa de Vilalba Elba Beleiro.

Este recoñecemento ao noso deportista súmase a outros que xa ten recibido en diferentes ocasións e que sempre teñen unha especial emotividade polo que siñifica que o teu pobo teñe presente o teu traballo.

Noraboa ao noso deportista máis internacional, así como aos demais premiados e nominados e moitas grazas ao Concello de Vilalba por telo presente.

3ª COPA DE GALICIA

Esta fin de semana tivo lugar no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra a 3ª Copa de Galicia de loitas Olímpicas das categorías U15, U17 e Sénior.

O noso Club tivo representación na competición compando os primeiros postos en moitas das categorías.

En U15, Boris Reshetniak domiñou a categoría de menos de 57 kg mentres que Andrés Maceira acadou o Bronce en menos de 68 kg. Nicolás González rematou en 5º posto en menos de 48 kg.

En U17, foi Kevin Cuba o que subiu ao máis alto do podio gañando o Ouro en menos de 110 kg mentres que Xiao Seoane gañou o Bronce en menos de 65 kg.

Xa na categoría Sénior, tivemos triplete de Ouros cos primeiros postos de José Cuba en menos de 125 kg, Jose Luís Puentes en menos de 92 kg e Bekbol Ongarov en Grecorromana en menos de 72 kg.

A próxima cita para varios destes deportistas serán os Campionatos de España que terán lugar o próxima 11 de febreiro na localidade sevillana de Carmona.

domingo, 15 de xaneiro de 2023

3º POR EQUIPOS NOS CAMPIONATOS GALEGOS ESCOLAR E JÚNIOR


Este sábado tiveron lugar no pavillón do CGTD de Pontevedra os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías Escolar e Júnior no que tivemos a varios loitadores vilalbeses. Entre eles destacaron Kevín Cuba (júnior menos de 125 kg) e Boris Reshetniak (Escolar menos de 57 kg) que acadaron sendos ouros, obtendo o pasaparte para loitar os próximos campionatos de España que terán lugar o próximo mes de febreiro en Carmona.

A Pontevedra tamén viaxaron Xiao Seoane (júnior menos de 60 kg) e Nicolás González (escolar menos de 52 kg). A pesares de que os dous loitadores fixeron varios combates non consegurion subir ao podio nas súas categorías.

Os próximo campionato será a Copa de Galicia Sénior e Cadete que terán lugar a finais de mes en Santiago de Compostela