luns, 24 de setembro de 2012

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Está aberto o prazo único para a inscribirse nas escolas deportivas e que remata o próximo venres 5 de Outubro. Lembrade que é imprescindible apuntarse á escola deportiva municipal de loita para poder adestrar de xeito gratuíto con nós. No caso de non inscribirse haberá que abonar ao club 15 € mensuais para poder adestrar.
Preme AQUÍ para máis información.

OS NOSOS PARABÉNS PARA VERÓNICA E CUBA NO DÍA DO SEU CASAMENTO

O sábado moitos de Nós tivemos a sorte de poder acompañar a Verónica e a Cuba no inicio dunha nova andaina. Eles decidiron unir as súas vidas en matrimonio e honráronnos ao facernos testigos de tan emotivo acto. Desexámosvos toda a sorte do mundo e dámosvos as grazas por permitirnos formar parte das vosas vidas.

luns, 10 de setembro de 2012

DE NOVO A ADESTRAR

Lembrade que hoxe voltamos aos adestramentos diarios a partir das 20 horas para todos  os competidores. De momento e por mor dos recortes que estamos a sufrir nesta inxusta crise, anúlanse os adestramentos da mañá pasando a facerse un único adestramento diario. A partires de Xaneiro e unha vez coñecido o presuposto do clube para a próxima tempada saberemos se voltarmos á dobre sesión diaria, imprescindíbel para a alta competición, ou se incluso teremos que eliminar máis días de adestramento semanal.
O noso desexo e poder manter o nivel e calidade dos adestramento que tan bos deportistas está a dar, pero ata entón so queda animarvos para que seguidades a traballar para acadar as vosas metas. Vémonos pola noite.