domingo, 6 de xullo de 2014

NICOLÁS LÓPEZ GAÑA O GRAN PREMIO DE ESPAÑA

 O lucense Nicolás López (Club de Loitas Lugo) deu a sorpresa ao vencer no Gran Premio de España na categoría menos de 130 kg grecorromana, pecha así unha boa tempada tras gañar o campionato de España Junior e o segundo posto no sénior, sen dúbida un bo traballo desta nova promesa e o seu adestrador Pablo Pintos. A capital do estado acolleu este torneo internacional de primeiro nivel que concentrou a loitadores de máis de 10 nacionalidades distintas e no que se desputaron as modalidades de Loita Libre, Loita Grecorromana e Loita Feminina e na que tamén temos que destacar o bronce acadado polo vilalbés José Cuba que asinou así a seu primeiro metal nun internacional tras dous anos de parón deportivo.
O vilalbés venceu no primeiro enfrontamento ao polaco Kosciolek con bastante superioridade, a falla de rodaxe internacional notouse no segundo enfrontamento no que o tunecino Trabelsi impuxo a súa superioridade. Xa na repesca, o vilalbés gañou o bronce ante o británico Chinu por tocado de espaldas.
O próximo torneo internacional para Cuba será en Polonia a principios de agosto, de alí sairán os representantes españois para o próximo mundial sénior de Uzbekistán.
De momento os lucenses Cuba e López permanecerán concentrados no centro de alto rendemento do CSD de Madrid durante a próxima semana onde adestrarán con algúns dos deportistas estranxeiros que participaron no Gran Premio.
Noraboa a todos e ánimo para seguir a mellorar!!