luns, 27 de setembro de 2010

COMEZA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Hoxe comeza o prazo para inscribirse nas EDM do Concello de Vilalba. Para todos aqueles que desexen participar nalgúns adestramentos de proba, poden facelo de xeito gratuíto dende o próximo Venres día 1 de Outubro ata o día 20 de Outubro. A partir do día 20 de Outubro só poderán participar nos adestramentos os deportistas inscritos na Escola Deportiva Municipal de Loita.
Para inscribirse na EDM de Loita podes facelo nas oficinas do concello en horario de mañá. Podes obter máis información nas instalacións do club no auditorio nos horarios de adestramento ou cun e-mail a loitaolimpicavilalba@yahoo.es
NOVO PANFLETO INFORMATIVO DA EDM DE LOITA:

NOVOS HORARIOS DE ADESTRAMENTO PARA O 2010/11

A partir do próximo día 1 de Outubro comezarán os adestramentos da nova tempada segundo os seguintes horarios (preme na táboa para agrandar):

domingo, 26 de setembro de 2010

Bonito reportaxe sobre Jose Luis Puentes en La Voz de Galicia

O día 22 de Setembro saíu publicado en La Voz de Galicia unha bonita reportaxe sobre o traballo de Jose Luís Puentes e a súa participación no próximo mundial universitario de Turín no mes de Outubro.
O noso agradecemento e felicitacións para este xornal que sempre nos apoia na difusión do noso traballo e en especial ao xornalista Marcos Pichel que sempre nos retrata do mellor xeito.
MIL GRAZAS.

venres, 17 de setembro de 2010

COMEZAN AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE LOITAS OLÍMPICAS NOS CENTROS DE PRIMARIA DA TERRA CHÁ

O Club de Loitas Olímpicas Vilalba a través do convenio asinado coa Area de Deporte da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, está levando a cabo as unidades didácticas de loitas olímpicas nas clases de Educación Física de varios centros educativos da comarca. Durante unha semana os estudantes de cada centro terán a oportunidade de coñecer e practicar este deporte dentro do horario lectivo.
Esta semana estanse a desenrolar nos centros educativos de Cospeito, Baamonde e Vilalba, e a semana que ven estaremos noutros centros educativos de Vilalba, Rábade e Lugo.
Esta iniciativa busca promocionar as loitas olímpicas axudando a potenciar as escolas deportivas existentes ou poñendo a base para a creación doutras novas. Para elo o club tivo que contratar os servizos da Federación Galega de Loita e os seus técnicos, pois estanse  a facer 3 centros educativos de xeito simultáneo sobrepasando a capacidade material e de persoal do club.

luns, 13 de setembro de 2010

MUNDIAL MOSCÚ 2010: UNHA MALA XORNADA PARA JOSÉ CUBA

Onte rematou o mundial sénior coas disputas das categorías de menos de 66, 74 e 120 Kg, onde o vilalbés José Cuba non tivo unha moi boa actuación ao caer en primeira rolda perante Chuluunbat Jargalsikhan (Mongolia), loitador ao que o vilalbés xa vencera nos clasificatorios do 2008. A Cuba quedáballe agora esperar a que o mongol se clasificase para final e así poder repescar, pero na seguinte rolda Chuluunbat caeu nun disputado combate ante o chino Zhiwei Zhong deixando ao noso deportista fora da competición.
Para ver o combate de Cuba preme no video: LO 120kg C. Jargalsaikhan (MGL) vs J. Cuba (ESP)

Ao fina,l foi o agora tricampión mundial Bylyal Makhov (Rusia) quen se impuxo na categoría ao vencer na final ao  bicampión olímpico Athur Taymazov (Uzbekistan), seguramente nun dos combates máis esperados do mundial.
Os bronces foron para o xoven Levan Berianidze (Georgia) e Ioannis Arzoumanidis (Grecia).
Para ver a final ou outros combates da categoría preme no video: Final LO 120 kg B. Makhov (RUS) vs A. Taymazov (UZB)

En menos de 74 Kg. impúxose un dos favoritos, o ruso Denis Tsagush deixando o segundo posto para o iraní Saeed Sadegh Goudarzi. Os bronces foron para o húnagaro Gábor Hatos e o kazako Addulkhakim Sahpiyev.
Para ver a final ou outros combates da categoría preme no video:  Final LO 74 kg D. Tsargush (RUS) vs.S.S. Goudarzi (IRI)

Na categoría de menos de 66 kg  impúxose o que fora escollido mellor deportista da India no ano 2008 polo seu bronce en Beijing Kumar Sushil (India), a prata foi Alan Gogaev (Rusia) e os bronces para o acerbaijano Jabrayl Hasanov e o cubano Jeandry Garzón Caballero.
Para ver a final ou outros combates da categoría preme no video:Final LO 66kg. K. Sushil (IND) vs A. Gogaev (RUS)

domingo, 12 de setembro de 2010

MUNDIAL MOSCÚ 2010: AS MELLORES IMAXES DE LIBRE OLÍMPICA

MUNDIAL DE MOSCÚ: KUDUKHOV, GANEV E GAZYUMOV DOMINAN NAS SÚAS CATEGORÍAS

Onte tiveron lugar as disputas das categorías de menos de 60kg, menos de 84kg e menos de 96kg, nas que poidemos disfrutar de disputados combates.
Na categoría de menos de 60kg impúxose o favorito, o ruso Besik Kudukhov, que venceu na final ao subcampión olímpico Vasyl Fedoryshyn (Ukrania). Os bronces foron para o iraní Seyed Morad Mohammadi e o acerbaijano Zelimkhan Huseynov.
Máis combates do gañador:
1: LO 60kg. P. Didier (FRA) vs B. Kudukhov (RUS)
Na categoría de menos de 84kg deu a sorpresa o búlgaro Mihail Petrov Ganev que deixou no segundo posto nun emocionante combate a un dos preferidos, o uzbeko Zaurbek Sokhiev. Os bronces foron para outro dos preferidos, Soslan Ktsoev (Rusia) e para Reineris Salas Pérez (Cuba).
Se queres ver o video da final e outros videos da categoría preme aquí: Mundial 2010 LO 84kg
En menos de 96kg o ouro levouno o fortísimo Khetag Gazyumov (Acerbaidjan) vencendo na final ao mesmísimo campión olímpico Khadzimurat Gatsalov (Rusia). Os bronces foron para o kirguiko Alexey Krupnyakov e o georgiano George Gogshlidze.
Se queres ver o video da final e outros videos da categoría preme aquí: Mundial 2010 LO 96kg

HOXE DISPÚTANSE AS CATEGORÍAS DE 66KG, 74KG E 120KG, NESTA ÚLTIMA CONTAMOS COA PARTICIPACIÓN DO VILALBÉS JOSÉ CUBA, PARA VELO EN DIRECTO PREME AQUÍ: DIRECTO TAPIZ D. Ao longo da competición poden cambiar de tapiz, podes seguilo dende a nosa noticia sobre a emisión en directo máis abaixo.

sábado, 11 de setembro de 2010

O CAMPIONATO DO MUNDO EN DIRECTO DENDE A PÁXINA DA FEDERACIÓN RUSA

Por fin atopamos o xeito de ver o campionato en directo; dende a páxina web da federación rusa de loita que nos brinda a oportunidade de presenciar en directo os combates cunha cámara fixa permitíndonos incluso escoller entre os 4 tapices do pabillón. Se desexar ver en directo o evento, escolle un dos tapices:

O CANLE RUSSIA 2 SPORT EMITIRÁ EN DIRECTO OS COMBATE MÁIS SALIENTABLES



Esta é a única canle que atopamos que emita o mundial de Moscú 2010, emite en ruso e alternanse coa emisión doutras retransmisións. Se queredes velo, preme na seguinte imaxe que levarache ao blog de mascanales. Para velo preme aquí:  RUSSIA 2 

DISFRUTA AGORA DAS MELLORES IMAXES DO MUNDIAL DE GRECORROMANA E DA LOITA FEMININA

FRANCISCO SÁNCHEZ CAE EN PRIMEIRA ROLDA PERANTE O CANADIENSE PINEDA

A esperada modalidade de loita libre masculina estreouse onte coa categoría de menos de 55kg. O balear Francisco Sánchez non tivo sorte neste primeiro día de competición ao caer perante ao canadiense John Manuel Pineda, este a súa vez perdeu na seguinte rolda ante o xaponés Yasuhiro Inaba deixando ao balear sen a posibilidade de entrar na repesca polos bronces.
Nesta categoría impúxose o habilísimo ruso Victor Lebedev que venceu nunha final moi axustada a tres asaltos ao acerbaijano Toghrul Asgarov. Para ver o combate preme aquí: Final L.O. 55kg Victor Lebedev (RUS) vs. T Asgarov (AZE).
Un bronce foi para o xaponés Yasuhiro Inaba que venceu con superioridade ao mongol Bayaraa Naranbaatar na loita polo metal. Para ver o combate preme aquí: Bronce 1: L.O 55 kg N. Naranbaatar (MGL) vs. Y. Inaba (XAP).
O outro bronce levouno o cubano Frank Márquez Chamizo nun combate dos máis bonitos da categoría impoñéndose ao koreano Hyo Sub Kim. Seguro que este novísimo cubano vai dar moito que falar, agora se queres ver o combate preme no video: Bronce 2: L.O. 55kg H. Kim (KOR) vs. F. Márquez (CUBA)
Hoxe comezan as categorías de menos de 60, 74 e 96 kg e a pesaxe de menos de 66, 84 e 120kg.
Para máis información vai á páxina oficial: MOSCOW 2010
SE QUEREDES VER MÁIS COMBATES DESTA CATEGORÍA PREME AQUÍ: FILA WEB TV COMBATES 55 KG

A VASCA MAIDER UNDA PERDE O BRONCE ANTE A XAPONESA KYOKO GAMAGUCHI

Onte rematou a loita feminina coa categoría de menos de 72 kg na que Maider Unda rematou en 5º posto ao perder a loita polo bronce coa representante xaponesa. Maider caeu en primeira rolda perante á canadiense Ohenewa Akuffo que a postre chegou á final, dándolle á vasca a posibilidade de repescar polo bronce. Xa na repesca Maider venceu no primeiro combate á acerbaijana Zumrud Gurbanhajiyeva e logo á china Dan Li pero xa na disputa polo bronce, foi Kyoko Gamaguchi quen se levou o prezado metal.
Así e todo queremos felicitar a Maider pola súa boa actuación.
Ao final a súa categoría foi dominada pola subcampiona olímpica Hristova Zlateva (Bulgaría), a prata foi para Ohenewa Akuffo (Canada) e os bronces para a sueca Jenny Fransson e a xaponesa Kyoko Gamguchi.
Se queredes ver a final preme neste video: Final L. Fem. 72 Kg. Z. Hristova (BUL) vs. O. Akuffo (CAN)
Se queredes ver os combates de Maider preme nos seguintes videos:
1: L.Fem. 72 kg M. Unda (ESP) vs. K Gamaguchi (XAP)
2: L. Fem. 72 kg Z. Gurbanhayeva (AZE) vs. M Unda (ESP)
3: L.Fem. 72 kg M. Unda (ESP) vs. O. Akuffo (CAN)
4: L.Fem. 72 kg D Rivera (PUR) vs. M. Unda (ESP)
Mais información na páxina oficial: MOSCOW 2010

venres, 10 de setembro de 2010

O DOMINIO DAS XAPONESAS

Onte disputáronse as categorías de menos de 55kg, 59kg e 63kg, onde destacaron as intervencións das xaponesas.
As auténticas raíñas foron as gañadoras de menos de 55kg e menos de 63kg, Saori Yoshida na primeira e Kaori Icho na segunda. As dúas de Xapón e as dúas cun historial memorable; son dúas veces campionas olímpicas, cinco veces campionas do mundo e as máximas aspirantes a seren as primeiras mulleres en acadar tres ouros olímpicos neste deporte.
Así a clasificación por pesos quedou do seguinte xeito:
En menos de 55kg impúxose a xaponesa Saori Yoshida derrotando na final a outra dura loitadora, a acerbaina Yulga Ratkevich (campiona do mundo no 2009). Os bronces foron para Anna Gomis de Francia que derrotou á española Minerva Montero en primeira rolda e Tatiana Yadira Suárez de USA.
Para ver os videos de Saori Yoshida preme nos seguintes enlaces:

FINAL L. FEM. MENOS 63 KG S. YOSHIDA (XAP) vs Y. RATKEVICH (AZE)
L.FEM. 63KG S. YOSHIDA (XAP) vs J. UM (KOR)
L.FEM. 63KG S. YOSHIDA (XAP) vs T. KAZARIAN (UZB).

En menos de 59 kg, a española Aurora Fajardo caeu ante a kirguika Kiia Zovia. Nesta categoría a vencedora foi a mongola Battseteg Soronzonbold, segunda a china lan Zhan (campiona do mundo no 2009) e terceiras a xaponesa Ayako Shoda (campiona do mundo 2006) e Malin Hohanna Mattson de Suecia (campiona do mundo 2005).
Para ver os combates da campiona preme nos seguintes videos:
FINAL L.FEM. 59KG B.SORONZONBOLD (MGL)vs L. ZHANG (CHINA)
L. FEM. 59 KG B. SORONZONBOLD (MGL) vs J. SOUZA (BRASIL)
L.FEM. 59 KG T. VERBEEK (CAN) vs B. SORONZONBOLD (MGL)
Para ver os combates de Aurora Fajardo preme nos seguintes videos:
L. FEM. 59KG A. FAJARDO (ESP) vs N. KIIAZOVIA (KGZ)
L. FEM. 59KG A. FAJARDO (ESP) vs L. SKUJINA (LAT)
En menos de 63 kg Teresa Méndez caeu ante a americana Elena Pirozhkova que a postre chegou a final dándolle a oportunidade á española de loitar na repesca, onde perdeu ante a kazaka Tatiana Zakharova.
O ouro da categoría levouno a bicampiona olímpica Kaori Icho (Xapón), a prata foi para Elena Pirozhova e os bronces para Hanna Katarina Johanson de Suecia (campiona do mundo 2009) e a campiona de Europa 2010 Lubov Yolosova de Rusia.
Para ver os mellores combates de Kaori Icho preme nos seguintes videos:
FINAL L. FEM. 63 KGK. ICHO (XAP) vs E.PIROZHKOVA (USA)
L.FEM 63KG K. ICHO (XAP) vs M. SANTIN (HUN)
L. FEM 63 KG K. JOHANSSON ( SWE) vs K. ICHO (XAP)
Para ver os combates de Teresa Méndez preme nos seguintes videos:
L.FEM 63KG T. ZAKHAROVA (KAZ) vs T.MENDEZ (ESP)
L.FEM 63KG T. MENDEZ (ESP) vs S. MAIERHOFER (AUT).
 Hoxe estanse a disputar as categorías de mensos de 67 e menos de 72 kg coas que remata a loita feminina e da comezo a esperada libre masculina coa categoría de menos de 55kg.
Para máis información preme na páxina oficial: MOSCOW 2010

xoves, 9 de setembro de 2010

RUSIA IMPONSE NA CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS NA MODALIDADE DE GRECORROMANA

Rusia acabou impoñéndose na clasificación por equipos ao acadar os 46 puntos que lle deron un ouro e catro bronces. En segundo lugar con 32 puntos clasifcouse Turkía cun ouro e dous bronces. En 3º posto quedaron empatados a 26 puntos Azerbaidjan e Armenia, a primeira cun ouo e unha prata e a segunda cun bronce e dúas pratas.


1
   RUSSIE (RUS)
46
2
   TURQUIE (TUR)
32
3
   AZERBAIDJAN (AZE)
26
3
   ARMENIE (ARM)
26



















mércores, 8 de setembro de 2010

HOXE REMATA A MODALIDADE DE GRECORROMANA COA CATEGORÍA DE MENOS DE 74KG E COMEZA A LOITA FEMININA

A loita grecorromana despediuse hoxe do mundial co remate da categoría de menos de 74 kg na que se impuxo o turko  Selcuk Cebi ao vencer na final ao armenio Arsen Julfalakyan. O podio completouse cos bronces do ruso Imil Sharafetdinov e do kirguiko Daniyar Kobonov.
Para ver o video da final preme aquí: FINAL GRECO MENOS 74KG
A loita feminina comezou hoxe coas categorías de menos de 48 e 51 kg. Na primeira impúxose Hitomi Sakamoto (Xapón) vencendo na final á rusa Lorisa Oorzhak. Os bronces foron para a china Shasha Zhao e a canadiense e campiona olímpica Caron Huynh que na primeira rolda se desfixo da representante española nesta categoría, a balear Sara Sánchez.
Para ver o video da final preme aquí: FINAL LIBRE FEMININA MENOS DE 48KG
Para ver o video de Sara Sánchez preme aquí: SARA SÁNCHEZ(ESP) VS CARON HUYNH(CAN)
En menos 51 kg foi a ukraniana Oleksandra Kohut que se impuxo na categoría, a prata foi para a xaponesa Yu Horiuchi e os bronces para a sueca Sofia Mattsson (campiona de europa 2010) e a rusa Zamira Rakhmanova (campiona de Europa 2007). María del Mar Serrano, a representante española nesta categoría, tampouco tivo moita sorte ao caer en primeira rolda ante a americana Jessica Kristina Medina.
Para ver o video da final preme aquí:FINAL LIBRE FEMININA MENOS 51 KG

TODA A INFORMACIÓN NA PAXIAN WEB OFICIAL:MOSCOW 2010

martes, 7 de setembro de 2010

REMATAN OUTRAS 4 CATEGORÍAS DE GRECORROMANA NO MUDIAL DE MOSCU 2010

Xa coñecemos os vencedores das categorías de menos de 60, 84, 96 e 120kg. E menos de 60 kg impúxose o actual campión de Europa, o acerbaijano Hasan Aliyev que venceu na final ao xaponés Ryutaro Matsumoto. Os bronces foron para o kazako Almat Kepispayev e o koreano Jung Ji-Hyun.

Na modalidade de menos de 84kg venceu o búlgaro Hristo Diyanov Marinov, a prata foi para Pablo Enrique Shorei e os bronces para o ruso campión olímpico Aleksey Mishin e o croata Nenag Zuzaj.
En menos de 96 kg o campión foi o iraní Amir Aziz Aliakbari, a prata para o bieloruso Tsimafei Dzeinichenka e os bronces caeron no sueco Jimmy Alexander e no campión olímpico Aslanbek Khushtov.
Para ver o video da final entre irán e bielorusia preme aquí: VIDEO FINAL GRECO MENOS DE 96KG
En 120 kg cumplíronse todas as espectativas ao gañar o actual campión olímpico, o cubano Mijail López que venceu na final ao armenio Yuri Patrikeev. Nas repescas acadaron os bronces  o kazako Nurmakhan Tinaliyev e turco Riza Kazkayaalp.
Para ver os emparellamentos de cada categoría preme aquí: TABOAS DE EMPARELLAMENTOS
En canto á participación española resaltar que Ismael Navarro en menos de 66kg caeu en primeira rolda pernate o croata Danijel Janecic e que Albert Baghumyan en menos de 60kg caeu ante o xapoñés Ryutaro Matsumoto.
Na xorrnada de mañá remata o programa de grecorromana coa categoría de menos de 74kg e comeza a modalidade de loita feminina.
Máis información na páxina web oficial: MOSCOW 2010

PRIMEIROS RESULTADOS DA MODALIDADE DE GRECORROMANA NO MUNDIAL DE MOSCU

Dada a saturación da páxina web oficial do mundial de Moscú 2010, cóstanos moito manter actualizada toda a información sobre o evento, pero xa coñecemos os resultados das categorías de menos de 55 kg e menos de 66 kg da modalidade de loita grecorromana.
En menos de 55 kg impúxose o xa 5 veces campión mundial, o iraní Soryan Reihampour Hamid que se impuxo na final ao koreano Choi Gyu-Ji. Os bronces foron para o campión olímpico Nazyr Mankiev de Rusia e para o bronce olímpico Roman Amoyan de Armenia.  Para ver os emparellamentos da categoría de mensos de 55 kg preme en: TABOA DE EMPARELLAMENTOS
Se queredes ver o video da final entre o iraní e o coreano preme aquí: VIDEO FINAL GRECO MENOS 55 KG
A categoría de menos de 66kg estivo dominada polo ruso Ambak Bachadze que derrotou na final ao bronce olímpico Armen Vardanyan. Os bronces foron para Vasif Arzimanov de Turkía e Vitaly Rahimov de Acerbaijan. Para ver os emparellamentos da categoría de mensos de 66 kg preme en: TABOA DE EMPARELLAMENTOS 66 KG
Para ver o video da final entre o ruso e o armenio preme aquí: VIDEO FINAL GREGO MENOS 66KG

PARA MAIS INFORMACIÓN VAI Á PÁXINA OFICIAL: MOSCOW 2010

venres, 3 de setembro de 2010

JOSE LUIS PUENTES LOITARÁ NO MUNDIAL UNIVERSITARIO DE TURÍN

Trala notificación das axudas recibidas pola Deputación de Lugo para a realización de actividade competitiva de interese deportivo neste ano 2010, o club quere confirmar a asistencia de Jose Luis Puentes no Mundial Universitario que terá lugar en Turín a finais de Outubro.
O vilalbés comezou a primeiros de agosto a preparar a súa participación en Vilalba, aínda que o non financiamento destes eventos por parte das federecacións fíxonos manter as expectativas de participación na capacidade do club para acadar o financiamento. Confirmada a axuda do ente provincial, Puentes viaxará a Turín o 25 de outubro onde loitará na categoría de menos de 84 kg, sendo o único galego na modalidade de loita libre.