xoves, 18 de febreiro de 2010

CAMPIONATO DE ESPAÑA SENIOR DE LOITAS OLÍMPICAS

Os próximos días 26 ao 28 terá lugar en San Adria de Besos (Barcelona) os Campionatos de España Senior de Loita Libre, Loita Grecorromana e Loita Feminina.
O equipo galego de libre olímpica viaxará con dous deportistas do club vilalbés, José Luís Puentes en menos de 84 kg e José Cuba en menos de 120 kg. Nicolás Castro tampouco viaxará nesta ocasión por atoparse aínda en proceso de recuperación da súa lesión de moneca.
Desexámoslles a todo o equipo galego moita sorte.

luns, 15 de febreiro de 2010

O CLUB VILALBA REMATA 1º POR EQUIPOS NO GALEGO CADETE

Esta fin de semana celebráronse os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías cadete e sénior no Pavillón Municipal de Teis en Vigo onde os loitadores vilalbeses tiveron unha moi boa actuación.
Pola mañá comezaron os cadetes (14 a 16 anos) cunha moi boa representación de deportistas lucenses en tódalas categorías. Aquí o Club de Loita Vilalba conseguiu o primeiro posto por equipos tanto na modalidade de Libre Olímpica (LO) como de Grecorromana (GR) tralas magníficas actuacións de Sergio Carracelas (2º en menos de 54 kg en LO e GR), Emil Emilov (1º en menos de 59 kg en LO e GR), Bruno Carracelas (2º en menos de 63 kg en LO e GR) e Kadrín Emilov (1º en LO e 2º en GR en menos de 69 kg ).
RESULTADOS POR EQUIPOS CADETE:
LOITA GRECORROMANA GRECORROMANA:
1º CLUB DE LOITA VILALBA
2º CLUB DE LOITA KELTOI
3º CLUB CIDADE DE VIGO
LOITA LIBRE OLÍMPICA:
1º CLUB DE LOITA VILALBA
2º CLUB DE LOITA TOURO
3º CLUB DE LOITA STELLAE
Xa pola tarde tiveron lugar os enfrontamentos dos Sénior (maiores de 19 anos), e é aquí onde o club vilalbés participou cun equipo reducido polas baixas das últimas semanas. Aínda así acadou o 2º posto por equipos tanto en Libre Olímpica como Grecorromana véndose somentes superado polo numeroso equipo de Vila de Cruces.
Marcos Carral en menos de 66 kg acadou o Segundo posto en grecorromana, José Luís Puentes acadou o Ouro en Libre Olímpica en menos de 84 kg, Marcos Miragalla rematou 2º en menos de 96 kg e José Cuba 1º en menos de 120 kg.
Destacar o peso de menos de 84 kg na que o Puentes conseguiu impoñerse de entre os 4 Campións de España que participaban na categoría, o que da mostra do nivel dos nosos deportistas.
Tamén resaltar o Ouro acadado en menos de 60 kg por Clemente Alves do Club Lugo, xa que é a primeiro ouro da categoría sénior que chega para o club lucense dando fe do bo traballo realizado polo noso compañeiro Pablo Pintos.
RESULTADOS POR EQUIPOS SENIOR:
LOITA GRECORROMANA:
1º CLUB DE LOITA KELTOI
2º CLUB DE LOITA VILALBA
3º CLUB SAN IGNACIO
LOITA LIBRE OLÍMPICA :
1º CLUB DE LOITA KELTOI
2º CLUB DE LOITA VILALBA
3º CLUB SAN IGNACIO

Deste xeito 3 deportistas da provincia representarán a Galicia nos próximos Campionatos de España Sénior que terán lugar en Barcelona o 27 de Febreiro.
Aquí tendes algunhas instantáneas do evento:

xoves, 11 de febreiro de 2010

CAMPIONATO GALEGO DAS CATEGORÍAS SENIOR E CADETE


Este fin de semana celebrarase no pavillón municipal de Teis en Vigo os campionatos galegos correspondentes ás categorías Cadete e Senior. A primeira das categorías comprende aos deportistas de entre 14 e 16 anos e disputarase en xornada de mañá namentres que os maiores enfrontaranse na xornada de tarde.
Vilalba acudirá a Vigo con equipos de ámbalas categorías. Os equipo cadete estará composto por Sergio Carracelas en menos de 54 kg, Emil Emilov en menos de 58kg, Bruno Carracelas en menos de 63kg e Kadrín Emilov en menos de 69 kg.
O equipo Sénior estará composto por Mihail Emilov en menos de 60kg, Marcos Carral en menos de 66 kg, Jose Francisco Bermúdez en menos de 74 kg, Jose Luís Puentes en menos de 84 kg, Marcos Miragalla en menos de 96kg e José Cuba en menos de 120kg.
Dende o Club de Loita Vilalba valoramos que aínda que non viaxemos cos equipos completos, temos moitas posibilidades de estar no podio por equipos en ámbalas categorías, especialmente na Sénior. A nivel individual cremos que aportamos algúns dos loitadores de maior calidade, moitos deles seguro que nos representarán nos próximos campionatos de España.
Que todos teñan moita sorte.

mércores, 10 de febreiro de 2010

luns, 8 de febreiro de 2010

1ª XORNADA DE DEPORTE DE BASE DA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE EN VILALBA

Este Sábado día 6 de Febreiro tivo lugar no pavillón municipal de Vilalba a 1ª xornada de deporte de base incluída no programa de Deporte Escolar da Secretaría Xeral para o Deporte.
Ate Vilalba achegáronse 125 deportistas de entre 6 e 13 anos de 10 clubs de toda Galicia para amosar os seus progresos deportivos perante familiares e amigos que foron maioría de entre as bancadas que si ben é certo que faltaba moito de estar cheas, si houbo máis asistencia que noutras ocasións.
Vigo, Pontevedra, Vila de Cruces, Touro, Melide, Santiago e Vilalba tiveron representación nesta primeira xornada cun sistema de competición adaptado ás idades e que da prioridade á participación sobre o resultado dentro dun modelo deportivo que busca aumentar a base de participantes infantís. “Os nosos rapaces xogan a loita olímpica, e Nós tentamos loitar dende o noso eido en contra dos índices do sedentarismo xuvenil que pon a nosa sociedade nos primeiros postos do entorno europeo en xóvenes que non practican deporte ou actividade física de maneira sistemática “ (Iván Castro).
Varias autoridades e técnicos da Secretaría Xeral para o Deporte supervisaron esta primeira xornada e aproveitaron para agasallar aos participantes cunha camiseta por xentileza do Concello de Vilalba representado polo seu concelleiro de deportes Jesús Bermúdez. Así o vilalbés estivo acompañado de Daniel Benavides xefe do servizo provincial de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte, e Carlos Lorenzo coordinador de deporte escolar para a provincia de Lugo.
O resultado provisional ao remate desta primeira xornada queda do seguinte xeito:
1º- Escuela Ayude (Melide): 186 ptos.
2º- Club de Loita Vilalba: 173 ptos
3º- San Ignacio (Vigo) 146 ptos.
4º- Kuzushi (Vigo): 138 ptos
5º- El Castro (Vigo): 136 pots.
6º- Keltoi (Vila de Cruces): 108 ptos.
7º- Ciudad de Vigo: 101 ptos.
8º- Stellae (Santiago): 68 ptos.
9º- Pontevedra: 62 ptos.
10º- Touro: 58 ptos.
A seguinte xornada terá lugar en Melide o 17 de Abril e nela participarán 13 clubs con representación de equipos de Ourense, o Val Miñor e Lugo.
Os nosos deportistas xa empezan a contar os días para esta nova xuntanza, cada viaxe é unha oportunidade para coñecer novos amigos e lugares desta a nosa Galicia.
Noraboa e grazas a todos estes novos participantes por achegarnos aos días dourados deste deporte no noso país.

mércores, 3 de febreiro de 2010

JOSE CUBA ACADA O 5º POSTO NO GOLDEN GRAND PRIX IVAN YARIGUIN DE KRASNOYARSK

Xa rematou o Grand Prix Ivan Yariguin e temos que resaltar a magnífica participación dos nosos deportistas. Por un lado Jose Luís Puentes non puido pasar da primeira ronda tras caer ante o campión americano Trent Paulson. Tentouno todo pero a diferenza de nivel pesou moito cortando o paso do vilalbés á seguinte ronda. O americano caeu en segunda ronda ante un dos finalistas o ruso Anzor Urishev, e deste xeito José Luís quedouse sen a posibilidade de entrar na repesca na loita polo bronce (recordemos que a repesca é a loita polo bronce, onde se enfrontan aqueles loitadores que perderon con un dos dous finalistas).
José Cuba que tamén comezou perdendo ante o turco Fatikh Chakyroglu tivo máis sorte, pois o otomano chegou á final metendo ao noso na loita polo bronce. Xa na repesca, José debería enfrontarse ao actual Subcampión Olímpico e Campión do Mundo Bakhtiyar Akhemedov, pero o ruso lesionado non podería enfrontarse ao vilalbés. Na loita final pola presea de bronce José caeu derrotado ante o loitador local Kirill Gotovzev que se impuxo aos puntos técnicos.
O segundo Grand Prix terá lugar na capital georgiana de Tiblisi a primeiros de Xuño, e os mellores clasificados de entre estes dous eventos participarán no Golden Grand Prix Final do 16 ao 18 de Xullo en Baku (Acerbaian.
Pero polo de agora José Cuba e José Luis Puentes afrontan a preparación final do Campionato de España a finais de Febreiro e se todo sae ben, viaxarán en Abril a Acerbaián para preparar o europeo Sénior a celebrar no país.
Boa sorte e noraboa aos dous pola súa actuación.

Podedes ver noticias sobre este evento nos medios de comunicación internacionais:
China:
http://spanish.china.org.cn/sports/txt/2010-02/01/content_19342211.htm
Turkía:
http://spor.haberler.com/serbest-gures-milli-takimi-antrenoru-bereket-asil-haberi/
http://samanyolu.com/haber/89925/serbest-gures-milli-takimi-rusyaya-gidiyor/
http://www.sondakika.com/haber-serbest-gures-milli-takimi-antrenoru-bereket-asil-1876682/
http://www.rasthaber.com/21686_Serbest%20Gures%20Milli%20Takimi%20Rusyaya%20gidiyor.html
http://www.medyaplus.com/spor/diger_spor_haberleri/serbest_g_re_milli_tak_m_rusya_ya_gidiyor.html
Rusia:
http://www.wrestrus.ru/page/turnirs/10

martes, 2 de febreiro de 2010

RESULTADOS FINAIS NO GRAN PRIX IVAN YARIGUIN

Xa rematou o Gran Premio de Ivan Yariguin 2010 e estanse a divulgar os resultados e accións máis salientábeis nos medios de comunicacións de medio mundo. As clasificacións finais de cada categoría son as seguintes:
Loita Libre:
Ata 55 kg.: 1º. Yang Chung-Il (Corea del Norte) 2º. Nariman Israpilov 3º. Viktor Lebedev (ambos - Rusia) e Hidenori Taoka (Japón) –Esta categoría xa foi comentada o pasado día
-
Ata 60 kg.: 1º. Vasily Fedorishin (Ucrania) 2º. Hiroyuki Oda (Japón) 3º. Víctor Banzaraktsaev (Rusia) e Noriyuki Takatsuka (Japón)
Destacar o primeiro posto do ukraniano Fedorishin, subcampión olímpico en Beijín e varias veces campión de europa, a continuación amosamos unhas fotos deste magnífico deportista de 29 anos pertencente ao CSK de Kiev da súa última participación no Mundial 09 fronte aos representantes de Rusia (KUDUKHOV Besik) e de Irán (MOHAMMADI PAHNEKALAEI Seyed Morad).

Ata de 66.: 1º. Magomedmurad Hajiyev 2º. Adam Batirov 3º. Hasan Magomedov (todos - Rusia) e Andrei Stadnik (Ucrania) Esta categoría xa foi comentada o pasado día-

Ata 74 kg.: 1º. Denis Tsargush 2º. Alexander Gostev 3º. Anuar Guesde y Kamal Malikov (todos - Rusia) Esta categoría xa foi comentada o pasado día-

Ata 84 kg.: 1ºAbdusalam Gadisov 2º. Anzor Urishev 3º. Soslan Ktsoev e George Ruban (todos - Rusia).
De novo un xoven loitador ruso fíxose coa categoría, con tan só 20 anos Gadisov xa foi campión do Mundo da categoría Junior no 2008 e no 2009 chegou ao 5º posto no mundial Sénior, toda unha declaración de intencións para este deportistas do Dinamo de Makhachala adestrado polo mismísimo Ali Aliev (Campión Olímpico). Estas son algunhas instantáneas da súa participación no mundial sénior do 2009:

Ata 96 kg.: 1º. Yuri Belonovskaya 2º. Shamil Akhmedov3º. George Keto e Aslanbek Aliyev (todos - Rusia)
Impresionante o novísimo loitador ruso Belonovskaya, que no 2008 proclamouse Campión de Europa da categoría Junior. Sen dúbida non será a derradeira vez que escoitemos falar deste magnífico loitador.

Ata 120 kg.: 1º.Alex Shemarov (Bielorrusia) 2º. Fatih Chakyroglu (Turquía) 3º. Alan Dzampaev e Cyril Gotovtsev (tanto - Rusia)
Aquí a sorpresa deuna o militante bielorruso, pois se impuxo nunha categoría na que non tiña moitas posibilidades. Nesta categoría tivemos a representación do vilalbés José Cuba.

Absoluto Copa Iván Yarygin: modalidade de peso libre (sen peso estabrecido):
1º. Yuri Belonovskaya (Rusia) 2º. Alex Shemarov (Belarús) 3º. Fatih Chakyroglu (Turquía) 4º. George Keto (Rosiya)

Categoría Feminina:
Hasta 48 kg.: 1. Lorisa Oorzhak (Rusia) 2. Desde C-hoon (Corea del Norte)3. Zhulendyz Eshimova (Kazajstán) y Alice Lampe (EE.UU.).
Nesta categoría impúxose a loitadora local de 24 anos, Oorzhak que xa foi varias veces Campiona do Mundo e de Europa demostrou que aínda ten corda para rato, aquí podémola ver nos enfrontamentos do mundial 09 contra a coreana e a acerbaiana:


Ata 51 kg. 1º. Yuri Kai (Japón) 2º. Aleksandra Kohut (Ucrania)3º. Kum Ok Han (Corea del Norte) y Tatiana Bakatyuk (Kazajstán)5. Catherine e Alain Adashinskaya Krasnov (Rusia)
Xapón segue a amosar o alto rendemento das súas loitadoras como o caso de Yuri Kai campiona da Copa do Mundo no 2005 e 3º no último mundial do cal recollemos algunhas instantáneas da súa participación:


Ata 55 kg.: 1º. Natalia Golts (Rusia) 2º. Irina Kisel (Rusia)3º.Irina Ologonova (Rusia) e Aanantuya Namsrai (Mongolia)
A que fora varias veces Campiona de Europa, desquitouse con este primeiro posto da súa mala participación no mundial de Herning onde rematou en 19º.


Ate 59 kg.: 1º.Kelsi Campbell (EE.UU.) 2º. Natalia Smirnova (Rusia), 3º. Yámanas Kei (Japón) e Anna Vasilenko (Ucrania)5º. Galina Dolzhenko (Rusia)
Unha novísima loitadora americana colgouse a presea de ouro impoñéndose á bronce mundial Vasilenko e á que fora Campiona de Europa Smirnova.

Ata 63 kg. : 1º. Seik Nagashima (Japón) 2º. Julia Ostapchuk (Ucrania, 3º. Alena Kartashova e Amor Volosova (tanto - Rusia)
Outra loitadora xaponesa que se impón nunha categoría que partían como favoritas a Ukraniana Ostapchuk (Campiona de Europa e do Mundo) ou a subcampiona do mundo Volosova cuxa participación quedou así de reflexada:


Hasta 67 kg.: 1º. Catherine Burmistrova (Ucrania) 2º. Odonchimeg Bayar (Mongolia)3º. Elena Shalygina (Kazajstán) y Oyunsuren Banzyaragzh (Mongolia) 5º. Julia Bartnovskaya (Rusia).
Aquí impúxose a actual Campiona de Europa do Dínamo de Sumy de Ukrania. Por detrás dela quedou a bronce olímpica kazaja


Ata 72 kg.: 1º. Catherine Bukin (Rusia) 2º. Anabel Alonso (Camerún)3º. Stanka Zlatev (Bulgaria) e Naranchimag Gelegzhamts (Mongolia).
Nesta categoría rematou en 3º posición a representante búlgara que fora escollida mellor loitadora do 2009 trala prata acadada na Olimpíada de Beijin. Podemos ver varias fotos desta categoría e unha moi especial na que aparece coa nosa magnífica loitadora a vasca Maider Unda que compartiu coa búlgara o 3º posto no mundial do 2009.


Con esta nota rematamos o análise dos resultados deste magnífico torneo, considerado o máis duro do mundo. Nunha próxima entrega faremos unha revisión da participación dos loitadores vilalbeses en tan prestixioso evento.
Esperamos que esta información vos sexa de utilidade.
Os loitadores vilalbeses.