domingo, 18 de febreiro de 2024

VILALBA CAMPIONA DE GALICIA U13

 Hoxe celebráronse os Campionatos Galegos das categorías U13 e U17 no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo nos que o noso club alzouse co primeiro posto por equipos na categoría U13 ao acadar 3 ouros e 3 bronces en loita feminina e 2 ouros e 1 bronce loita masculina.

Os ouros en loita feminina os acadaron Alejandra Valle en menos de 45 kg, África Montenegro en menos de 60 kg e Jimena García en menos de 65 kg. Os bronces foron para Noela González en menos de 60 kg e Noelia Vilasuso en menos de 65 kg.

En loita femina tamén participaron Lara Fernández en menos de 40 kg e Carmen Paredes en menos de 65 kg.


Os ouros en loita masculina foron para Héctor Somoza en menos de 50 kg e Enrique Seoane en menos de 65 kg mentres que Omar Guerreiro fíxose co bronce en menos de 35 kg.

En maculino U13 tamén participaron Lucas García e Marco Gaute en menos de 40 kg, Antón González e Xavi Yañez en menos de 45 kg.

Bruno Pintos que loitou polo Lugo acadou o bronce en menos de 45 kg.

Todos os deportistas tiveron un gran desempeño tendo en conta que era a primeira competición dos U13 co regulamento oficial, pero os resultados femininos teñen un sabor especial por seren os primerios podios en loita feminina na historia do noso club.

Na categoría U17 tivemos a representación de Kevin Cuba que domiñou a categoría facéndose co ouro en menos de 92 kg. 

As próximas citas, xa no mes marzo, serán os campionatos de España das categorías cadete e júnior nas que participará Kevin así como o inicio das Xornadas de Deporte Base nas que presentaremos un equipo mixto de nenas e nenos.

sábado, 3 de febreiro de 2024

KEVIN CUBA 3º NO CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR

 Os noso club participou esta fin de semana nos Campionatos Galegos de loitas olímpicas da categoría júnior que tiveron lugar no Pavillón do CGTD de Pontevedra. Os deportistas que nos representaron foron Kevín Cuba en menos de 125 kg e Xiao Seoane en menos de 65 kg.

Kevin acadou o bronce mentres que Xiao tivo que conformarse cun 5º posto tras gañar un enfrontamento e perder os dous seguintes.

A próxima competición será o Galego U17 no que Kevin volverá a competir na súa catogoría de idade e no seu peso 92 kg.

Xiao seguirá adestrando para coller experiencia nos próximos torneos de clubs aos que podamos asistir.