luns, 22 de abril de 2024

KEVIN CUBA GAÑA O T.I JÓVENES PROMESAS

Esta fin de semana disputouse en terras La Nucia (Alicante) o Torneo Internacional Jóvenes Promesas que a  Federación Española organiza dentro do calendario da United World Wrestling e no que os mellores loitadores das categorías previas á senior teñen a oportunidade de enfrontarse a loitadores doutros países.

O noso deportista Kevin Cuba puido loitar na xornada do sábado na categoría U17 alzándose co ouro en menos de 92 kg. Tras alzarse co primeiro posto deuselle a oportunidade de disputar a categoría U20, xa na xornada de domingo, e na que conformouse co bronce tras gañar ao británico Joab Snyed e perder por superioridade ante Iago fernández e Mikola Tolmachov.

Kevin permanecerá concentrado esta semana no CAR Infanta Cristina de Murcia de onde sairán os selecciónados para os europeos e mundiais das diferentes categorías.

luns, 15 de abril de 2024

2º POSTO NA XORNADA NORTE DA LIGA DE DEPORTE BASE


 Este sábado acudimos a Vila de Cruces para participar coas nosas e os nosos deportistas máis xóvenes na Fase Norte da Liga de Deporte Base de Loita.

Nesta fase participaron máis de 200 nenas e nenos de entre 5 e 13 anos en equipos mixtos pertencentes a 7 clubs.

O noso equipo foi un dos máis numerosos rematando en 2ª posición por detrás da Escola Ayude de Santiso que co Keltoi de Vila de Cruces en 3 lugar,  seremos os 3 clubs que participaremos na final A da Liga de Deporte base xunto aos 3 clubs clasificados na pasada Fase Sur.

Esta actividade ten un carácter lúdico no que prima a participación de todas as nenas e nenos con independencia do nivel ou tempo de práctica adaptando o regulamento ás e aos máis novos.

Para a próxima final do 25 de maio contamos con levar un equipo con máis deportistas que tentarán demostrar o aprendido durante as escolas deste ano.


venres, 12 de abril de 2024

RECEPCIÓN NO CONCELLO


Esta semana as nosas e os nosos deportistas participantes nos pasados campeonatos de España U13, U17 e U20 foron recibidos no Concello de Vilalba pola nosa alcaldesa Marta Rouco e a concelleira de deporte Paula Vigo. As autoridades municipais felicitaron de maneira especial a Jimena García por ser  a primeira vilalbesa en acadar o título de Campiona de España na categoría U 13 e a Kevin Cuba por facerse co ouro en U117 e a prata en U20. 

Quique González, Héctor Somoza e Bruno Pintos tamén foron felicitados pola súa participación nos pasados campionatos de España U13 que se celebraron o 16 de marzo en León.