venres, 19 de marzo de 2021

PRIMER PREOLIMPICO 2021 PARA CUBA


Esta fin de semana tivo lugar na capital húngara a primeira proba deste 2021 para os loitadores continentais pendentes de clasificar para os Xosgos Olímpicos de Tokio. Neste evento continental xogábanse dúas prazas por peso entre os países europeos e enfrontáronse os mellores loitadores europeos que non acadaron unha das Seis prazas que se repartiron no pasado mundial do 2019. Cuba chegou a Budapest despois de moitas dificultades para adestrar tralo confinamento, as limitacións para contar con compañeiros de adestramento e sobre todo a falla de competición internacional dende hai máis dun ano. É así que vimos un primeiro enfrontamento ante o xermano Cudinovic no que o vilalbés non tivo tempo a meterse no combate cedendo por superioridade sen oportunidade de reaccionar. A boa preparación do xermano que o meteu na final non só lle deu o billete para os Xogos de Tokio senón que tamén lle brindou a oportunidade a Cuba de repescar na loita polas medallas.
Na repesca o noso deportista enfrontouse ao albanés Karepi, e agora xa metido na competición disputou un combate moi igualado que acabou caendo  pola mínima do lado do loitador do leste.
Cuba afronta agora 6 semanas de preparación antes da derradeira proba clasificatoria que terá lugar en Sofia (Bulgaria). Esta proba xa será mundial e enfrontaránse algúns dos mellores do planeta que quedan aínda sen praza para Tokio.
Lidia Pérez do Club de Loita Pontevedra completou a representación galega na selección española e ao igual que Cuba tampouco foi quen de acadar unha das dos dous primeiros postos que a colocarían nos Xogos Olímpicos. De momento España non ten ningún clasificado para Tokio polo que tódalas cartas xogaranse na próxima cita búlgara.