domingo, 17 de xuño de 2018

CARLOS YOBANI SELECCIONADO MELLOR LOITADOR NO TORNEO DO REAL GRUPO COVADONGA

O vilalbés Carlos Yobani García formou parte esta fin de semana do equipo galego que dispotou a 22ª edición do toreno do Real Grupo Cultural Covadonga de Asturias e no que o equipo galego clasificouse en 3º posto.
Ao resultado contribuíu de maneira decisa o vilalbés gañando os 3 enfrontamentos que disputou e polos que obtivo o galardón do mellor loitador do torneo, distinción que recolleu da man do actual seleccionador júnior Fernando Robles.
Os participantes na competición puideron disfrutar dunhas sesión de adestramento dirixidas polo loitador balear de orixe georgiano Levan Metriveli, deportista que ven de acadar o 5º posto nos pasados europeos de Kaspyisk no que tamén o vilalbés Cuba acadou o 8º posto.
Unha vez rematadas as clases Carlos comezará co ciclo especial de preparación de cara ao próximo europeo júnior que disputará a finais de xullo en Roma. 

CONCENTRACIÓN CGTD PONTEVEDRA

Varios dos nosos deportistas participaron nas pasadas fins de semana nas concentracións de tecnificación que a Federación Galega organizou no CGTD de Pontevedra e en Vila de Cruces. As concentracións, aínda que estaban abertas a outros deportistas, estiveron dirixidas principalmente ao júniors e cadetes galegos que nas próximas datas emprenderan a súa preparación para europeos e internacionais. Entre eles atópase o vilalbés Carlos Yobani que comeza a súa preparación de cara ao próximo europeo júnior que terá lugar en Roma a finais de xullo. Vilalba será a  base principal de preparación de Carlos e outros deportistas galegos que se desprazarán a nosa vila para adestrar así como concentracións en Pontevedra ou Madrid, a onde viaxará a mediados de xullo para desputar xunto a Cuba o Gran Premio de España, proba previa ao europeo de Roma.