mércores, 8 de maio de 2024

1º POSTO POR EQUIPOS EN LIBRE OLÍMPICA

Esta fin de semana disputouse no Pavillón do CGTD de Pontevedra o Campionato Galego Sénior de loitas olímpicas ao que acudimos con 5 loitadores na modalidade de Libre Olímpica.

En menos de 125 kg Catriel Pehuén acadou o ouro sen moita oposición dos rivais, igual que Ramón Monasterio en menos de 97 kg. Ramón venceu  nesta categoría ao tamén vilalbés Kevin Cuba que  acadou a prata.

En menos de 74 kg Carlos Yobani tamén gañou a prata despois de 4 anos de parón deportivo. A terceira prata  a conseguiu Xiao Seoane en menos de 65 kg.

Varios destes loitadores comezarán a preparar agora os próximos campionatos de España que terán lugar en Pontevedra o próximo mes de xuño.

Por equipos o noso club acadou o primeiro posto na modalidade de libre olímpica e un meritorio 3º posto na clasificación xeral na que se suman os puntos acadados en libre olímpica, grecorromana e libre feminina.