luns, 26 de maio de 2014

A XORNADA FINAL DE DEPORTE DE BASE NA PRENSA

BUSCAMOS FINANCIAMENTO PARA PODER LEVAR DEPORTISTAS A ESTA ACTIVIDADE TAN INTERESANTE


O VILALBA-XERMADE REMATA 5º NA XORNADA FINAL DE DEPORTE BASEo


O Club de Loitas Olímpicas de Vilalba composto polas escolas de Xermade e Vilalba ven de rematar na 5ª posición por equipos na competición deportiva en idade escolar que se celebrou este sábado no pavillón municipal de Porriño. O noso equipo estivo composto por 10 deportistas que desfrutaron e fixeron desfrutar aos amigos e familiares asistentes da súa habilidade e bo facer impoñéndose a equipos máis numerosos.
O equipo estivo capitaneado por Iván Paredes e Pablo Chao que fixeron de adestradores durante as 5 rondas que os nosos loitadores tiveron que superar.
Os deportistas do Vilalba-Xermade foron:

  • GARCÍA YAÑEZ ANGEL
  • GAUTHIER SAMPAYO ALEJANDRO
  • DIAZ PAZ NOE
  • BLANCO VIVERO GABRIEL
  • PIÑEIRO AMARELO DAVID
  • ARES BARROS HUGO
  • BLANCO PARDO ADAN
  • GARCÍA MIRAGAYA SAMUEL
  • BARRIO VILASUSO JOSE
  • PENA LAMAS MARTÍN
O equipo vencedor foi o Ayde de Melide que cun equipo de preto de 40 loitadores voltou a facerse co título outro ano máis. O segundo posto foi para o Cidade de Vigo, seguido do Keltoi de Vila de Cruces e o San Ignacio de Vigo.
Noraboa a todos!


luns, 12 de maio de 2014

LOITADORES LUCENSES NA CONCENTRACIÓN DE TECNIFICACIÓN DA FEDERACIÓN GALEGA


Varios loitadores lucenses  acudiron ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra convocados pola Federación Galega de Loitas para participar nas sesións de tecnificación deportiva preparatorias para as próximas citas. En concreto estaban convocados os deportistas que participarán na próxima Copa de España a mediados de España así como os finalistas júnior e cadete para axudar a preparar aos convocados para os próximos europeos das categorías inferiores.
É de agradecer que a pesares da caída de ingresos a Federación Galega de Loita sega a manter e incluso ampliar as actividades deportivas nas que, tamén cun grande esforzo, os clubs estamos participando casi que todos os fins de semana do ano.