domingo, 27 de maio de 2018

CARLOS YOBANI GARCÍA OURO NO TORNEO INTERNACIONAL DE SASSARI

O noso deportistas Carlos Yobani García ven de acadar o Ouro no Torneo Internacional Citta de Sassari que se disputou esta fin de semana na cidade Italiana. Carlos, que loitaba na categoría júnior en menos de 65 kg, alzouse co primeiro posto tras superar aos canadienses Kantin Natael e Neice Connor e aos españois Jose Javier Andújar e Carlos Gual.
Con esta victoria, a única en júnior masculina para o equipo español, Carlos achégase á participación do Campionato de Europa júnior que terá lugar en Roma a finais de xullo e que esta mesma semana comezará a preparar en Vilalba.
O outro vilalbés convocado para esta cita era José Cuba, pero non puido participar debido a unha lesión no xeonllo sufrida nos pasados Campioantos de Europa celebrados en Kaspiysk (Rusia). O vilalbés decidiu non participar en Italia co obxectivo de recuperarse de cara aos Xogos do Mediterráneo de Tarragona, cita á que tampouco poderá acudir debido á comunicación de última hora de que a organización eliminaba varias categorías da competición, sendo a de libre masculina menos de 125 kg unha delas. Agora Cuba terá máis tempo para recuperarse e preparar a próxima gran cita, o Gran Premio de España, competición na que terá que acadar presea si quere ter opcións de ser clasificado para o mundial.
Noraboa  a Carlos polo bo traballo feito e moito ánimo aos dous para continuar nesta liña!
VER MÁIS FOTOS

domingo, 20 de maio de 2018

MARTÍN PENA CAMPIÓN DA COPA DE ESPAÑA DE ESCOLAS DEPORTIVAS

Este sábado celebrouse na localidade sevillana de Alcalá de Guadaira a Copa de España de loitas olímpicas e na que o noso deportistas Martín Pena acadou o ouro en menos de 85 kg da categoría escolar.
O outro vilalbés, Samuel García Miragaya, acadou o bronce en menos de 57 kg tras caer ante o actual campión de España da categoría.
Os dous vilalbeses formaban parte da selección galega formada por 7 representantes das diferentes escolas deportivas galegas sendo a primeira vez que dous vilalbeses participan nesta competición.
Con estes resultados tanto Samuel, que está becado no CGTD de Pontevedra, como Martín pechan unha tempada na que acadaron medallas en tódolos campionatos de Estatais desta tempada.
Noraboa e a seguir adestrando para a próxima tempada!
VER MÁIS FOTOS

venres, 18 de maio de 2018

SAMUEL E MARTÍN LOITARÁN NA COPA DE ESPAÑA DE ESCOLAS DEPORTIVAS

Os vilalbeses Samuel García Miragaya e Martín Pena Lama foron seleccionados pola Federación Galega para representar ás Escolas Deportivas de loita de Galicia na Copa de España que se celebra este sábado na localidade sevillana de Alcalá de Guadaira.
O combinado galego que viaxará con 7 deportistas seleccionou aos dous vilalbeses para conformar a representación de libre olímpica na categoría escolar despois de acadar sendas pratas nos pasados Campionatos de España, Samuel en menos de 57 kg e Martín en menos de 85 kg.
Moita sorte e ánimo.

PRATA E BRONCE NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA UNIVERSITARIOS

O club Vilalba acada unha prata e un bronce nos Campionatos de España Universitarios que se celebraron o pasado sábado en Torre del Campo (Jaén). A primeira foi para Francisco Monasterio en menos de 125 kg competindo pola USC, mentras que o bronce foi para Adrián Imedio en menos de 57 kg pola UDC, o loitador avilesino adestra no Judo Club UDC ás ordes do Dr. Eduardo Carballeira pero ten licenza polo Vilalba para as competicións de loitas olímpicas e sambo.
Con estas medallas o club vilalbés estivo presente en tódolos campionatos de España agás o de veteráns obtendo medallas en todos eles, dúas delas de ouro, as acadadas por José Cuba no sénior e por Carlos Yobani no júnior.
Noraboa aos dous!

domingo, 6 de maio de 2018

CUBA REMATA NO EUROPEO DE KASPIYSK

O vilalbés José Cuba remata en 8º posición no europeo de Kaspiysk depois de rozar un dos seus mellores resultados nun europeo.
O vilalbés perdeu ante o polaco e subcampión de Europa no 2016 Robert Baran tras pasar a primeira rolda nun combate que parecía decantarse para o noso. Cuba comezou gañando tras unha efectiva defensa ante os ataques do que a priori partía como favorito,  e incluso o tivo para tocado de espaldas en dúas ocasión polo que puido gañar o enfrontamento de maneira directa, pero un claro erro arbitral, ao noso erro, e a intensidade de Baran puxeron o combate nas mans do polaco que se alzou coa victoria por 11-4.
Aquí rematou a participación de Cuba pois na seguinte rolda o polaco caeu ante o actual campión mundial, o georgiando Petriashvili, deixando sen posibilidades de repesca na loita polo bronce a Cuba. Un bronce que acadaría de gañar contra o autriaco Ludescher, a priori asequible para o vilalbés e que rematou por levarse o propio Robert Baran.
A categoría a final a domiñou o actual campión olímpico Taha Akgul de Turquía.
Do equipo español  o mellor resultado foi o do balear Levan Metrivelli que acadou o 5º posto tras perder o bronce ante o representante serbio.
Non houba moita sorte pero estamos contentos co nivel amosado e actitude do noso deportista durante o enfrontamento.
Agora queda preparar as próximas citas internacionais, comezando polo internacional de Sassari (Italia) a finais de maio.
Noraboa a todos e ánimo que estamos no bo camiño!

5º POSTO NA LIGA GALEGA DE DEPORTE ESCOLAR

O noso club composto polas escolas de Vilala e Xermade acadou o 5º posto na xornada final de deporte escolar do Xogade que se celebrou no pavilló municipal de Vila de Cruces.
O Vilalba clasificárse para esta final A na pasada xornada norte celebrada en Lugo no mes de Febreiro e viaxamos a Vila de Cruces para facer 5 enfrontamentos entre os 6 clubs galegos mellor clasificados.
Esta competición ten un compoñente participativo e lúdico por diante do aspecto competitivo ou resultadista, desenrolándose cun regulamento adaptado aos máis pequenos e primando a participación por riba das victorias. Esto fai que cada ano centos de nenos participen e disfruten coa práctica das loitas olímpicas. A clasificación final domiñouna o San Ignacio de Vigo seguido o Cidade de Vigo e El Castro de Vigo en terceiro lugar. O outro club da provincia, o Lugo, acadou un 10º posto na final B.
O equipo do Club Vilalba tivo a seguinte representación:

  • Alonso Maceiras (Vilalba).
  • Izan Pena (Vilalba).
  • Alex Carballeira (Vilalba).
  • Hector Somoza (Vilalba).
  • Nicolás González (Vilalba).
  • Andrés Maceira (Vilalba).
  • Xoel Codesal (Vilalba).
  • Xiao Seoane (Vilalba).
  • Kevin Cuba (Vilalba).
  • Sabel Gómez (Xermade).
  • Uxía Gómez (Xermade).
  • Laura Feal (Xermade).

mércores, 2 de maio de 2018

JOSE CUBA VIAXA AO EUROPEO DE KASPIYSK

O noso deportista máis internacional saiu onte cara á cidade daghestaní de Kaspiysk en Rusia para desputar os Campionatos de Europa Senior que estanse a celebrar na localidade rusa dende o 30 de abril e que rematarán o próximo 7 de maio.
O vilalbés loitará a categoría de 125 kg que comezará o día 4 e, de ter sorte, rematará coa súa clasicación en semifinais ou finais do día 5.
Temos que lembrar que Cuba estará en Rusia grazas á axuda anual coa que a Deputación de Lugo comprometeuse co club, o que fixo posible a participación do vilalbés nesta cita clave para poder estar nos próximos mudiais de Hungría no mes de outubro.
En libre olímpica só haberá tres representates máis do equipo español, Levan Metrivelli en menos de 57 kg, Juan Pablo González en menos de 65 kg e Taimuraz Friev en menos de 86kg.
Moita Sorte a todos!

CARLOS YOBANI GARCÍA REMATA A CONCENTRACIÓN COA SELECCIÓN ESPAÑOLA

O vilalbés Carlos Yobani García ven de rematar a concentración coa selección española júnior que se celebrou no CAR Infanta Cristina de Murcia.
Carlos estivo baixo as ordes dos adestradores nacionais que buscaban perfilar o equipo que representará a España nos próximos Campionatos de Europa de Roma no mes de xullo, pero antes terá que clasificarse no prestixioso Torneo Internacional de Citta de Sassari en Italia que convocará na capital de Cerdeña a algúns dos mellores loitadores europeos.
Carlos comezará esta semana a preparar sendas citas nos seus adestramentos diarios en Vilalba.