sábado, 30 de xaneiro de 2010

NOTICIAS SOBRE O IVAN YARIGUIN EN KRASNOYARSK

O vialalbés José Luis Puentes rematou a súa participación no Gran Premio Absoluto da FILA Ivan Yariguin caendo en primeira ronda. Deste xeito xa coñecemos os resultados das primeiras categorías de peso celebradas (55kg, 66kg e 74kg) cedidas polo servizo de información da federación rusa de loita, estes son os deportistas gañadores do torneo e que ademais serán agasallados con importantes premios en metálico:
Ata 55 kg. 1. Yang Chung-Il (Corea del Norte) 2. Nariman Israpilov3. Viktor Lebedev (ambos - Rusia) e Hidenori Taoka (Japón)

Menos de 66. 1. Magomedmurad Hajiyev 2. Adam Batirov 3. Hasan Magomedov (todos - Rusia) e Andrei Stadnik (Ucrania)

Ata 74 kg. 1. Denis Tsargush 2. Alexander Gostev
3. Anuar Guesde e Kamal Malikov (todos - Rusia)

Hai que destacar a Yang Chung-Il campión na categoría de menos de 55 kg e que conseguiu o máis difícil, arrebatarlle o primeiro posto a un loitador ruso. Este deportista da universidade de Pyongyang de Korea do Norte, é o actual campión do mundo de loita libre olímpica en menos de 55 kg, honra que acadou o pasado mes de Setembro en Herning (Dinamarca) onde coincidiu co noso deportista José Cuba. Aquí tendes algunhas imaxes do coreano no derradeiro campionato do mundo:


En menos de 74 kg, a categoría na que participaba o noso deportistas Jose Luís Puentes, acadou o ouro o ruso Denis Tsargush do CSK de Moscova. Con tan so 23 anos, este deportista xa é Campión do Mundo Senior en menos de 66 kg e unha das maiores promesas da loita rusa. Nesta categoría as peanas foron copadas polos loitadores do país. Tamén temos algunhas fotos do noso coñecido Tsargush:



Na categoría de loita feminina os resultados estiveron máis repartidos entre as diferentes nacionalidades dos máis de 250 deportistas participantes:
Hasta 51 kg. 1. Yuri Kai (Japón) 2. Aleksandra Kohut (Ucrania)3. Kum Ok Han (Corea del Norte) e Tatiana Bakatyuk (Kazajstán) 5. Catherine e Alain Adashinskaya Krasnov (Rusia)

Ata 59 kg. 1.Kelsi Campbell (EE.UU.) 2. Natalia Smirnova (Rusia)
3. Yámanas Kei (Japón) e Anna Vasilenko (Ucrania) 5. Galina Dolzhenko (Rusia)

Ata 67 kg. 1. Catherine Burmistrova (Ucrania) 2. Odonchimeg Bayar (Mongolia)3. Elena Shalygina (Kazajstán) e Oyunsuren Banzyaragzh (Mongolia)5. Julia Bartnovskaya (Rusia)

O vilalbés José Cuba comezará a loitar mañá Domingo á mañá....Que teña moita sorte.

venres, 29 de xaneiro de 2010

1ª XORNADA DE DEPORTE DE BASE


O Sábado 6 de Febreiro terá lugar en Vilalba a 1ª Xornada da Liga de Deporte de Base da Secretaría Xeral para o Deporte. O noso club espera participar con 14 deportistas, a maioría deles xa participaron neste evento en pasadas tempadas. Os vilalbeses medirán a súa habilidade con outros 15o rapaces e rapazas dos diferentes clubes galegos.

Jose Cuba e Jose Luís Puentes en Krasnoyarsk



Os loitadores vilalbeses José Cuba e José Luís Puentes atópanse na localidade siberiana de Krasnoyarsk (Rusia) para participar no "Grand Prix Ivan Yariguin", un dos torneos internacionais máis prestixiosos do mundo que se celebra na honra ao dúas veces campión olímpico Ivan Yariguin.
José Luis comeza hoxe as primeiras eliminatorias na categoría de menos de 84 kilogramos namentres que Cuba o fará o Domingo na categoría de menos de 120 kilogramos.
Con este torneo rematan a súa visita polas terras rusas que comezou o pasado 10 de Xaneiro cando viaxaron á República de Osetia para adestrar conxuntamente coa selección rusa.
Esta é a primeira actividade preparatoria para esta tempada, e que está orientada á preparación dos nosos deportistas de cara ao próximo Campionato de España que terá lugar o 23 de Febreiro en Barcelona.