sábado, 4 de agosto de 2018

CARLOS PERDE O PASE AO BRONCE NO EUROPEO JÚNIOR

O vilalbés Carlos Yobani acaba de rematar o campionato de Europa júnior que ven de celebrarse en Roma ao perder na repesca por superioridade ante o bielorruso Mikita Strakh. A participación do vilalbés tivo moitos altibaixos propios da falla de experiencia. Comezou gañando o primeiro enfrontamento ante o estonio Marek Kuett, un loitador difícil que apiques estivo de remontar un combate que o vilalbés comezou gañando. Xa en cuartos Carlos perdeu ante o ruso Aznaur Tavaev que amosou unha clara superioridade en toda a competición chegando á final, o que lle deu a posibilidade ao vilalbés de meterse na loita polas medallas.
Xa na repesca Carlos tiña que gañar en primeira rolda ante o bieloruso, un loitador en principio de nivel inferior ao estonio, para logo xogarse o bronce ante o búlgaro Angelov Atanasov, este xa un loitador de maior nivel e que prometía un axustado combate. Sen embargo Carlos non puido saír coa actividade necesaria ante o bieloruso e cedeu nun combate que parecía asequible.
Agora toca recuperarse e aprender dos erros para continuar a traballar no logro dos obxectivos marcados.

Ningún comentario: