mércores, 27 de outubro de 2010

EXITO DO 9º MUNDIAL UNIVERSITARIO DE LOITAS OLÍMPICAS TORINO 2010

O presidente do comite organizador do mundial universitario Ricardo D`eliccio e o señor Sinisia Jasnic delegado do comité executivo do CTI World Univestiy Championships, saudaron e felicitaron aos representantes das delegacións dos 27 países participantes por facer desta 9ª edición do mundial universitario todo un éxito de participación. Destacaron que cos 270 deportistas participantes nas modalidades de Loita Feminina, Libre Masculina e Grecorromana fan das loitas olímpicas un dos deportes individuais con máis participación no movemento universitario.

JOSE LUIS PUENTES VAISE ELIMINADO DO MUNDIAL UNIVERSITARIO TRAS PERDER DOUS COMBATES

O noso deportista tivo unha dura competición que o levou a enfrontarse na primeira rolda contra o ukraniano Taras Luzhnyy co que perdeu en dous asaltos por 2-1 e 6-0. O camiño do vilalbés no mundial non rematou aquí pois a chegada de Taras á final meteu a Jose na repesca na loita polas preseas.
Xa na repesca tivo que enfrontarse co búlgaro Samardzhiev que venceu ao noso con bastante facilidade.
Ao final o campión da categoría foi o moldavo Piotr Ianulov, a prata foi para o ukraniano Taras Luzhnyy e os bronces para o turco Serdar Boke e o ruso Anton Blasenkov.
Dende o club entendemos que nesta altura da tempada os nosos deportistas aínda non están na mellor das formas pero tamén hai que saber valorar aqueles aspectos nos que traballar para que nas próximas citas os loitadores vilalbeses sexan máis competitivos.

JOSE CUBA NO PROGRAMA FORA DE PISTA EN V TELEVISIÓN

PREME AQUÍ PARA VER O VIDEO

Para aqueles que non o poideron ver, poderán disfrutar deste bo traballo dos amigos de VTelevisión o próximo Domingo día 31 de Outubro as 17:35 horas en VTelevisión, programa Fora de Pista.

venres, 22 de outubro de 2010

UNIDADES DIDÁCTICAS NO CEIP OTERO PEDRAYO DE RÁBADE

Rematada a semana pasada a unidade didáctica no CEIP Insua Bermúdez de Vilalba, comeza esta semana a actividade no CEIP Otero Pedrayo de Rábade e máis no Aneja de Lugo. Estas activiades contan coa colaboración dos técnicos da Federación Galega de Loita e dos clubes provinciais que se verán beneficiados coa participación de novos rapaces nos adestramentos.