Os compañeiros do Club de Loitas Olímpicas de Vialalba xuntaranse este Sábado no Restaurante Casa Paco de Lugo para homenaxear ao seu loitador máis veterano que deixou a competición activa despois dunha carreira de 22 anos. Nicolás pódese considerar un dos precursores e iniciadores deste deporte en Vilalba. Da man de Jose Luís Díaz (Senra) tomou contacto coa loita, pero foi con Alexander Katchalaev co que desenrolou todo o seu potencial chegando a ser o loitador galego máis veces campión de España. Agora anuncia a súa retirada tras 22 anos no tapiz, e dende o club vilalbés queremos amosarlle o noso agradecemento polo seu esforzo e a axuda que sempre amosou para os que a necesitaban..
4 comentarios:
Felicidades Nicolás, creo que está claro que no solo eres un buen deportista sino que también una gran persona. No conozco mucho vuestro deporte pero es un orgullo para villalba que tengamos gente como tu.
ES UNA PENA QUE AHORA QUE SE RETIRA UN GRAN DEPORTISTA, COMIENCE MI AFICIÓN A ESTE DEPORTE. DEBERÍA HABER EMPEZADO ANTES O QUE NICOLÁS TARDE UN PAR DE AÑOS MAS EN RETIRARSE. SERÍA UN HONOR COMPARTIR CON EL ALGÚN ENTRENAMIENTO O MEDIRNOS EN ALGUNA COMPETICIÓN.
FELICIDADES AUNQUE NO NOS HAYAMOS CONOCIDO
Comecei a practicar este deporte fai xa algúns anos e síntome moi agradecido pola xente que coñecín e as oportunidades que me brindou. O lóxico é que cando xa che quedan poucas competicións por realizar ou xa consideras que a túa vida de competidor chega ao seu remate, é recordar os títulos ou méritos deportivos, no meu caso teño a sorte de poder dicir que adestrei con xente que recordarei toda a vida e entre esas persoas esta Nicolas Castro, a persoa que me animou a dar os meus primeiros pasos no mundo da loita e todo un referente para min. Só me queda darlle as grazas no meu nome e seguro que no de moitos dos meus compañeiros. Gracias e espero que a loita e os amigos logremos algún día recompensar unha milésima parte do que che debemos. Un saúdo e outra vez grazas amigo.
Atopei no mundo da loita a miña outra familia,todos eses momentos felices que pasei con eles nunca olvidarei...adestrei con autenticos campions e agora e unha pena que se vaian retirando,o tempo pasa pa todos...eu nunca nada logrei pero so o feito de estar con eles xa me chega...agora ainda estou dando bandazos por ahi,algun dia retirareime de todo eu tamen,cando non sei,pero eso si irei co mellor recordo da miña vida...GRAZAS NICOLAS,GRAZAS IVAN!!!
Publicar un comentario