domingo, 27 de febreiro de 2011

VILALBA SEGUNDA NO GALEGO JÚNIOR

Esta fin de semana tivo lugar na vila pontevedresa de Baiona o Campionato Galego de Loitas Olímpicas das categorías Escolar e Júnior. Vilalba viaxou á cita cun equipo Júnior moi reducido por mor dalgunha baixa e do tránsito á categoría Sénior de varios dos nosos deportistas.
O equipo de Vilalba estibo composto por Emil Emilov en menos de 55 kg que venceu a todos os seus opeñentes, chegando á final onde lle arrebatou o ouro a Alexandre Gallego (Club Sabarís de Baiona).
En menos de 60 kg alzouse co ouro Kadrín Emilov que deu a sorpresa do campionato vencendo na final ao actual campión de España Miguel Caramés do Club Keltoi.
Tamén queremos destacar a actuación de Francisco Monasterio que acadou a prata na categoría de menos de 120 kg e que desputou unha axustada final ante o tamén campión de España da categoría o crucense David Maceiro. O vilalbés comezou gañando todos os asaltos pero a falla de experiencia non lle permitiu manter a diferencia ante un loitador moito máis experimentado. Suliñar que tras o seu bronce no absoluto esta é a segunda medalla de Francisco neste ano, algo destacable se temos en conta que é o seu primeiro ano de adestramento.
Con estes dous ouros e unha prata Vilalba alzouse co segundo posto por equipos seguindo ao Keltoi de Vila de Cruces que este ano subiu ao máis alto do podio en case todas as categorías. A falla de Mihail Emilov que non puido viaxar a Baiona por motivos laborais volveu a deixar a Vilalba sen un case seguro primeiro posto por equipos, algo que xa nos acontecera no galego Sénior.
En Marzo terá lugar o campionato de España Júnior e aínda non sabemos se Vilalba terá representación na categoría pois os irmáns Emilov non poderán competir ao non dispoñer aínda da nacionalidade e no caso de Francisco, que o seleccionador amosou o seu interés para que forme parte do equipo galego dada a súa potencialidade, dependerá da súa evolución nas próximas semanas e de que os técnicos do club consideren que se atopa preparado para tomar parte dunha competición a nivel estatal.
PREMA AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS

Ningún comentario: