domingo, 13 de febreiro de 2011

HOMENAXE DO CLUB VILALBÉS A NICOLÁS CASTRO TRALA SÚA RETIRADA

Este Sábado Nicolás Castro foi homenaxeado nunha cea organizada polos seus compañeiros do Club de Loita Vilalba. A xuntanza tivo lugar no coñecido restaurante lucense Casa Paco onde Nicolás estivo acompañado de varios dos seus compañeiros de equipo que quixeron xuntarse para homenaxear ao seu deportista máis veterano despois de que anunciase a súa retirada da competición activa no 2010.
Un reloxo conmemorativo e outros agasallos lle foron entregados a Nicolás durante a cea, pero foi o seu adestrador Alexander Katchalaev quen lle entregou unha daga rusa, obxeto cos que os daguestaníes agasallan aos que consideran grandes homes.
O vilalbés segue vencellado a este deporte dende o seu traballo na dirección técnica da Federación Galega de Loita, dende está a conseguir xunto co seu compañeiro Pablo Pintos que a loita sexa un dos deportes que máis está a medrar na nosa terra.

Ningún comentario: