O equipo galego na categoría U13 contou coa presenza dos vialalbeses Sara Martínez menos de 45 kg e Bruno Pintos do Club de loita Lugo na categoría masculina en menos de 55 kg. Ambos deportistas subiron ao podio gañando sendos bronces despois de gañar varios combates.
Os deportistas estiveron dirixidos por Pablo Pintos, técnico do Club de Loita Lugo que tamén desprazou a terras do País Vasco a varios loitadores do club da capital lucense.
A próxima cita para os nosos deportistas será o Torne
o Internacional de Burlada en Navarra.

Ningún comentario:
Publicar un comentario