mércores, 3 de febreiro de 2010

JOSE CUBA ACADA O 5º POSTO NO GOLDEN GRAND PRIX IVAN YARIGUIN DE KRASNOYARSK

Xa rematou o Grand Prix Ivan Yariguin e temos que resaltar a magnífica participación dos nosos deportistas. Por un lado Jose Luís Puentes non puido pasar da primeira ronda tras caer ante o campión americano Trent Paulson. Tentouno todo pero a diferenza de nivel pesou moito cortando o paso do vilalbés á seguinte ronda. O americano caeu en segunda ronda ante un dos finalistas o ruso Anzor Urishev, e deste xeito José Luís quedouse sen a posibilidade de entrar na repesca na loita polo bronce (recordemos que a repesca é a loita polo bronce, onde se enfrontan aqueles loitadores que perderon con un dos dous finalistas).
José Cuba que tamén comezou perdendo ante o turco Fatikh Chakyroglu tivo máis sorte, pois o otomano chegou á final metendo ao noso na loita polo bronce. Xa na repesca, José debería enfrontarse ao actual Subcampión Olímpico e Campión do Mundo Bakhtiyar Akhemedov, pero o ruso lesionado non podería enfrontarse ao vilalbés. Na loita final pola presea de bronce José caeu derrotado ante o loitador local Kirill Gotovzev que se impuxo aos puntos técnicos.
O segundo Grand Prix terá lugar na capital georgiana de Tiblisi a primeiros de Xuño, e os mellores clasificados de entre estes dous eventos participarán no Golden Grand Prix Final do 16 ao 18 de Xullo en Baku (Acerbaian.
Pero polo de agora José Cuba e José Luis Puentes afrontan a preparación final do Campionato de España a finais de Febreiro e se todo sae ben, viaxarán en Abril a Acerbaián para preparar o europeo Sénior a celebrar no país.
Boa sorte e noraboa aos dous pola súa actuación.

Podedes ver noticias sobre este evento nos medios de comunicación internacionais:
China:
http://spanish.china.org.cn/sports/txt/2010-02/01/content_19342211.htm
Turkía:
http://spor.haberler.com/serbest-gures-milli-takimi-antrenoru-bereket-asil-haberi/
http://samanyolu.com/haber/89925/serbest-gures-milli-takimi-rusyaya-gidiyor/
http://www.sondakika.com/haber-serbest-gures-milli-takimi-antrenoru-bereket-asil-1876682/
http://www.rasthaber.com/21686_Serbest%20Gures%20Milli%20Takimi%20Rusyaya%20gidiyor.html
http://www.medyaplus.com/spor/diger_spor_haberleri/serbest_g_re_milli_tak_m_rusya_ya_gidiyor.html
Rusia:
http://www.wrestrus.ru/page/turnirs/10

4 comentarios:

Loita Olímpica Vilalba dixo...

Esta noticia foi modificada por un erro na información publicada

Anónimo dixo...

Esta noticia foi modificada por un erro na información publicada

Anónimo dixo...

Noraboa polo traballo...

Anónimo dixo...

hl son un admirador da loita olimpica desde fai pouco tempo e gustariame que colgarades mais fotos de jose luis puentes posto que penso que e o voso loitadar mais mediatico sen mais dilacion

un saludo