luns, 8 de febreiro de 2010

1ª XORNADA DE DEPORTE DE BASE DA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE EN VILALBA

Este Sábado día 6 de Febreiro tivo lugar no pavillón municipal de Vilalba a 1ª xornada de deporte de base incluída no programa de Deporte Escolar da Secretaría Xeral para o Deporte.
Ate Vilalba achegáronse 125 deportistas de entre 6 e 13 anos de 10 clubs de toda Galicia para amosar os seus progresos deportivos perante familiares e amigos que foron maioría de entre as bancadas que si ben é certo que faltaba moito de estar cheas, si houbo máis asistencia que noutras ocasións.
Vigo, Pontevedra, Vila de Cruces, Touro, Melide, Santiago e Vilalba tiveron representación nesta primeira xornada cun sistema de competición adaptado ás idades e que da prioridade á participación sobre o resultado dentro dun modelo deportivo que busca aumentar a base de participantes infantís. “Os nosos rapaces xogan a loita olímpica, e Nós tentamos loitar dende o noso eido en contra dos índices do sedentarismo xuvenil que pon a nosa sociedade nos primeiros postos do entorno europeo en xóvenes que non practican deporte ou actividade física de maneira sistemática “ (Iván Castro).
Varias autoridades e técnicos da Secretaría Xeral para o Deporte supervisaron esta primeira xornada e aproveitaron para agasallar aos participantes cunha camiseta por xentileza do Concello de Vilalba representado polo seu concelleiro de deportes Jesús Bermúdez. Así o vilalbés estivo acompañado de Daniel Benavides xefe do servizo provincial de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte, e Carlos Lorenzo coordinador de deporte escolar para a provincia de Lugo.
O resultado provisional ao remate desta primeira xornada queda do seguinte xeito:
1º- Escuela Ayude (Melide): 186 ptos.
2º- Club de Loita Vilalba: 173 ptos
3º- San Ignacio (Vigo) 146 ptos.
4º- Kuzushi (Vigo): 138 ptos
5º- El Castro (Vigo): 136 pots.
6º- Keltoi (Vila de Cruces): 108 ptos.
7º- Ciudad de Vigo: 101 ptos.
8º- Stellae (Santiago): 68 ptos.
9º- Pontevedra: 62 ptos.
10º- Touro: 58 ptos.
A seguinte xornada terá lugar en Melide o 17 de Abril e nela participarán 13 clubs con representación de equipos de Ourense, o Val Miñor e Lugo.
Os nosos deportistas xa empezan a contar os días para esta nova xuntanza, cada viaxe é unha oportunidade para coñecer novos amigos e lugares desta a nosa Galicia.
Noraboa e grazas a todos estes novos participantes por achegarnos aos días dourados deste deporte no noso país.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Que pequenos loitadores!
Futuros homes duros, con personalidade rexa e forte para afrontar os vaibens da vida.
Esto é un deporte de homes e o demais son parvadas.
Ánimo rapaces! A por todas!
Dentro duns anos a forma do voso corpo será o carné que vos identifique como loitadores.

Anónimo dixo...

É verdade. Fermoso traballo.
Se eu tivera un neno xa estaría facendo loita.´
E Iván?

Anónimo dixo...

É gostoso ver a cara de felicidade nos nenos.
Disfrutar facendo deporte vale moito.

Anónimo dixo...

Eso, eso. Que la gente se anime a escribir para apoyar a estos chicos.
¡¡¡Ánimo machotes!!!

Anónimo dixo...

A traballar homiños!