luns, 15 de febreiro de 2010

O CLUB VILALBA REMATA 1º POR EQUIPOS NO GALEGO CADETE

Esta fin de semana celebráronse os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías cadete e sénior no Pavillón Municipal de Teis en Vigo onde os loitadores vilalbeses tiveron unha moi boa actuación.
Pola mañá comezaron os cadetes (14 a 16 anos) cunha moi boa representación de deportistas lucenses en tódalas categorías. Aquí o Club de Loita Vilalba conseguiu o primeiro posto por equipos tanto na modalidade de Libre Olímpica (LO) como de Grecorromana (GR) tralas magníficas actuacións de Sergio Carracelas (2º en menos de 54 kg en LO e GR), Emil Emilov (1º en menos de 59 kg en LO e GR), Bruno Carracelas (2º en menos de 63 kg en LO e GR) e Kadrín Emilov (1º en LO e 2º en GR en menos de 69 kg ).
RESULTADOS POR EQUIPOS CADETE:
LOITA GRECORROMANA GRECORROMANA:
1º CLUB DE LOITA VILALBA
2º CLUB DE LOITA KELTOI
3º CLUB CIDADE DE VIGO
LOITA LIBRE OLÍMPICA:
1º CLUB DE LOITA VILALBA
2º CLUB DE LOITA TOURO
3º CLUB DE LOITA STELLAE
Xa pola tarde tiveron lugar os enfrontamentos dos Sénior (maiores de 19 anos), e é aquí onde o club vilalbés participou cun equipo reducido polas baixas das últimas semanas. Aínda así acadou o 2º posto por equipos tanto en Libre Olímpica como Grecorromana véndose somentes superado polo numeroso equipo de Vila de Cruces.
Marcos Carral en menos de 66 kg acadou o Segundo posto en grecorromana, José Luís Puentes acadou o Ouro en Libre Olímpica en menos de 84 kg, Marcos Miragalla rematou 2º en menos de 96 kg e José Cuba 1º en menos de 120 kg.
Destacar o peso de menos de 84 kg na que o Puentes conseguiu impoñerse de entre os 4 Campións de España que participaban na categoría, o que da mostra do nivel dos nosos deportistas.
Tamén resaltar o Ouro acadado en menos de 60 kg por Clemente Alves do Club Lugo, xa que é a primeiro ouro da categoría sénior que chega para o club lucense dando fe do bo traballo realizado polo noso compañeiro Pablo Pintos.
RESULTADOS POR EQUIPOS SENIOR:
LOITA GRECORROMANA:
1º CLUB DE LOITA KELTOI
2º CLUB DE LOITA VILALBA
3º CLUB SAN IGNACIO
LOITA LIBRE OLÍMPICA :
1º CLUB DE LOITA KELTOI
2º CLUB DE LOITA VILALBA
3º CLUB SAN IGNACIO

Deste xeito 3 deportistas da provincia representarán a Galicia nos próximos Campionatos de España Sénior que terán lugar en Barcelona o 27 de Febreiro.
Aquí tendes algunhas instantáneas do evento:

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Hoy vi en la TVG un resumen del campeonato pero no se hablo de nadie de Vilalba, solo salian luchadores de Vigo, quizas se tratase de la emision local. Vilalbeses veniros pa Pontevedra que aqui os haremos mas caso.
Sebastian

Anónimo dixo...

Ola teño dous fillos de 12 e 15 anos e somos de Lugo. gustaríame poder levalos a adestrar a Vialalba xa que nos falaron moi ben dos rapaces de ahí Qué días e a que horas son os adestramentos? a E ónde? claro¡¡

loitaolimpicavilalba dixo...

Ola son Iván do Club de Loita Vilalba, os horarios de adestramento e toda a información sobre os mesmos tela ao teu dispor na sección de horarios e instalación. Así e todo que saibas en Lugo está a funcionar a escola deportiva de loitas olímpicas no Pazo Provincial dos deportes, o adestrador e compañeiro meu e é unha máquina. E se cadra mellor tamén tes unha boa escola en Rábade nas instalacións do colexio os Luns e Mércores a partires das 17:00. Calquera dos dos dous adestradores son do mellor que hai.
Un saúdo
Iván Castro

Anónimo dixo...

Imaxes impresionantes, que recordos!!!!!!!!