sábado, 14 de febreiro de 2015

ÉXITO DA LOITA LUCENSE NOS CAMPIONATOS GALEGOS DE LOITAS OLÍMPICAS SENIOR E CADETE

Os loitadores dos clubs de Rábade e Vilalba destacaron hoxe nos campionatos galegos de loitas olímpicas que se celebraron no pavillón do CGTD de Pontevedra subindo ao podio en tódalas categorías. En concreto o Club Vilalba acadou o primeiro posto por equipos na categoría cadete na modalidade de grecorromana e na categoría senior en libre olímpica e segundo en grecorromana. Polo súa banda os compañeiros do Rábade acadaron o segundo posto en cadete grecorromana e o terceiro posto  en cadete libre olímpica e cadete libre feminina.
Hai que recoñecer o progreso que está a experimentar a loita na provincia e que de seguro irase materializando en máis e mellores resultados de novos deportistas que siguen a estela doutros loitadores como Nicolás Castro ou José Cuba. Precisamente Cuba (Vilalba) foi o gran dominador da máxima categoría ao impoñerse en libre olímpica a Francisco Monasterio que rematou en segundo posto e Catriel Pehuén  que acadou o bronce, ambos tamén loitadores do Vilalba. José Cuba centrarase agora en comezar un complexo programa de adestramento para preparar o próximo campionato de España e a posterior clasificación para os Xogos de Río 2016.
O outro gran éxito para Vilalba veu da man de Pablo Chao "Chuli" que alzouse co ouro en menos de 74 kg tanto en libre olímpica como na modalidade de grecorromana. Este é un magnífico resultado nesta complexa categoría e moi esperado por este deportista que tanto se esforzou por acadalo.
En cadete temos que resaltar tamén os ouros de Roberto Díaz Orosa (Vilalba) en menos de 50 kg tanto en libre como en greco, así como o de Cristian Pumares (Rábade) que amosou unha grande superioridade na categoría. Caique de Meneces en greco menos de 63 kg e Cristian Pumares en ambas modalidades en menos de 76kg e Yago López en menos de 85 kg deron a sorpresa ao acadar sendos ouros que os clasifican para participar no campionato de España dentro dun mes.
Pero os podios dos loitadores lucenses foron máis de feito, todos los deportistas da provincia subiron ao podio. O resumo dos principais resultados foron os seguintes:

VILALBA:

+SENIOR:
  • José Cuba Vázquez. Ouro en libre olímpica menos de 125 kg.
  • Francisco Monasterio: Ouro en Grecorromana e prata en libre olímpica menos de 125 kg.
  • Catriel Pehuén: bronce en libre olímpica e prata en grecorromana menos de 125 kg 
  • Ramón Monasterio Portela: Prata en libre olímpica e grecorromana menos de 96 kg.
  • Angel García Roibás: Bronce en libre olímpica menos de 96 kg.
  • Pablo Chao Durán: ouros en libre olímpica e grecorromana en menos de 74 kg.
  • Marcos Carral Suárez: Bronce en libre olímpica menos de 65 kg.
+CADETE:
  • Roberto Díaz Orosa: Ouros en menos de 50 kg en Libre Olímpica e Grecorromana.
  • Carlos Yobanni García:  Prata en menos de 55 kg en Libre Olímpica e Grecorromana.
  • Yago López Fernández: Ouros en menos de 85 kg en Libre Olímpica e Grecorromana.
  • Caique de Meneces: Ouro en grecorromana e  prata en libre Olímpica  en menos de 63 kg.

RÁBADE:

+SENIOR:

  • Martín Vázquez:  prata en libre olímpica e bronce en grecorromana en menos de 84 kg.
  • David Grandío: bronce en libre olímpica e prata en grecorromana en menos de 84 kg.
  • Laura Pena: prata en menos de 48 kg.
+CADETE:
  • Cristian Pena: Bronce en grecorromana e cuarto en libre olímpica en menos de 58 kg.
  • Cristian Pumares:Ouros en libre olímpica e grecorromana en menos de 76 kg.
  • Angel Campo: bronce en libre e prata en grecorromana en menos de 100 kg.
  • Laura Arias:  prata en menos de 52 kg.
  • Gergana Dimitrova: prata en menos de 60 kg.
Queremos agradecer ao Clube de Loita de Lugo e a Pablo Pintos por axudarnos coa cesión de xuíces, sen a súa colaboración os nosos clubes non poderían tomar parte do evento, así como o traballo do tamén vilalbés Marcos Miragaya que como responsable do Clube Pontevedra organizou un evento digno de resaltar.
Para finalizar felicitar a todos os gañadores e en especial aos clubs Keltoi, San Ignacio e Sabarís por subir ao máis alto do podio nalgunha das categorías.
Noraboa a todos!!
VER MÁIS FOTOS

Ningún comentario: