venres, 13 de febreiro de 2015

NICOLAS CASTRO COMO ADESTRADOR EN CUBA

O vilalbés Nicolás Castro regresa a Cuba  para asistir aos prestigiosos torneos internacionais de Cerro Pelado e o Gramma pero nesta ocasión como parte do corpo de seleccionadores estatais.
O vilalbés xa estivera concentrado no país caribeño durante un mes a principios dos dos mil disputando ambos eventos. Durante a súa estancia no centro olímpico da Habana entablou amizade con algúns dos loitadores do momento como o campión mundial Alexis Rodríguez que años despois foi o noso convidado aquí en Vilalba axudando a José Cuba na súa preparación preolímpica.
Hoxe como adiestrador, Nicolás da continuación á súa longa vida deportiva facendo de embaixador da súa terra e abrindo portas para que os nosos loitadores conten con máis posibilidades de viaxar e adestrar con deportistas de nivel internacional.
Nicolás permanecerà en Cuba preto dun mes e seguro que aproveitarà a súa experiencia para axudar ao equipo español de cara ás próximas citas internacionais.

Ningún comentario: