sábado, 2 de febreiro de 2013

PLENO DE PODIOS DOS EQUIPOS LUCENSES NO CAMPIONATO GALEGO DE LOITAS OLÍMPICAS

Este sábado disputáronse na capital galega os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías escolar (ata 14 anos) e Júnior (ata 19 anos). Case todos os loitadores que representaron á nosa provincia a través dos diferentes clubs foron capaces de subir ao podio obtendo as correspondentes medallas.
Vilalba dos tres loitadores que participaron acadou tres ouros e dúas pratas, un ouro de Roberto Díaz  Orosa na categoría de escolar en menos de 38 kg e dous ouros de Catriel Pehuén en menos de 120 kg, un en grecorromana e outro en Libre Olímpica vencendo nas finais ao actual campión de España da categoría, o lucense Nicolás López.  As pratas pra Vilalba as trouxo Ramón Monasterio que subiu ao podio en menos de 84 kg en ambas modalidades, temos que recoñecer o progreso desta promesa vilalbesa, pois sendo aínda cadete de primeiro ano disputou ambas finais ante o actual campión de España.
Ademais de Nicolás López (Club de Loita Lugo) que acadou senda pratas en libre olímpica e grecorromana, temos que mencionar o meritorio papel desempeñado polos nosos compañeiros de Rábade que trouxeron para a nosa provincia tres medallas máis na categoría de Escolar. Un ouro de Angel Campo en menos de 85 kg, e as pratas de Jonathan Pernas en menos de 66 kg e Cristian Pena en menos de 53 kg. O mérito é maior pois todos eles ao igual que o vilalbés Roberto Díaz son escolares de primeiro ano agás Xico Fernández, que sendo aínda alevín completou a participación rabadense acadando o quinto posto en menos de 53 kg.
Deste xeito a nosa provincia contará con varios representates na selección galega que disputará os próximos campionatos de España que se celebrarán en Albolote (Granada) o próximo mes de Marzo.
VER FOTOS

Ningún comentario: