luns, 25 de febreiro de 2013

4 MEDALLAS PARA OS LUCENSES NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS

De novo a nosa provincia voltou a vertebrar os éxitos da selección galega nos campionatos de España Senior e Cadete que se celebraron esta fin de semana en San Javier (Murcia). Aínda que os resultados non foron os esperados facéndose notar a ausencia de José Cuba, os galegos foron quen de subir ao podio por equipos en casi todas as categorías, especialmente en cadete feminino onde Galicia acadou o primeiro posto por seleccións.
Queremos resaltar que dos catro lucenses que viaxaron a Murcia todos regresaron coas súas respectivas preseas aínda que os únicos ouros galegos viñeron da man das rapazas máis novas. Cristina Alves (San Ignacio), Lydia Pérez (Pontevedra) e Cora Ayude (Escola Ayude de Melide) subiron ao máis alto do podio nos seus respectivos pesos da categoría cadete. Lembrar que se ben Cristina pertence a un clube de longa traxectoria, tanto Cora como Lydia pertencen a clubs de recente creación xurdidos a partires das campañas de promoción da Federación Galega de Loita nos centros educativos, o clube de Pontevedra chegou incluso a subir de novo ao podio acadando o terceiro posto na clasificación por clubs. Pra Nós isto é unha grande satisfación non so polo feito de que sexan compañeiros senón que tamén por tratarse dun éxito persoal do seu adestrador Marcos Miragaya, deportista de Vilalba que apostou por facer de Pontevedra un dos mellores clubs do estado.
En canto aos nosos deportistas destacar a prata de Francisco Monasterio que ocupou o posto de José Cuba en menos de 120 kg libre olímpica acadando un bo resultado no seu primeiro ano de senior, e a pratas de Jose Luís Puentes en menos de 84 kg libre olímpica senior e o bronce de Ramón Monasterio en menos de 85 kg libre olímpica cadete.
Non podemos esquencernos do bronce acadado por Nicolás López do Clube de Loitas Lugo na categoría sénior en menos de 120 kg grecorromana. O lucense, sendo aínda junior, estivo a piques de chegar a final poñendo en apretos ao actual campión de España e principal favorito. De novo un deportista con gran potencial que xurde das campañas de promoción nos centros educativos da provincia, campañas que están a verse reducidas pola falta de apoio da administración autonómica.
VER MÁIS FOTOS



Ningún comentario: