sábado, 11 de setembro de 2010

FRANCISCO SÁNCHEZ CAE EN PRIMEIRA ROLDA PERANTE O CANADIENSE PINEDA

A esperada modalidade de loita libre masculina estreouse onte coa categoría de menos de 55kg. O balear Francisco Sánchez non tivo sorte neste primeiro día de competición ao caer perante ao canadiense John Manuel Pineda, este a súa vez perdeu na seguinte rolda ante o xaponés Yasuhiro Inaba deixando ao balear sen a posibilidade de entrar na repesca polos bronces.
Nesta categoría impúxose o habilísimo ruso Victor Lebedev que venceu nunha final moi axustada a tres asaltos ao acerbaijano Toghrul Asgarov. Para ver o combate preme aquí: Final L.O. 55kg Victor Lebedev (RUS) vs. T Asgarov (AZE).
Un bronce foi para o xaponés Yasuhiro Inaba que venceu con superioridade ao mongol Bayaraa Naranbaatar na loita polo metal. Para ver o combate preme aquí: Bronce 1: L.O 55 kg N. Naranbaatar (MGL) vs. Y. Inaba (XAP).
O outro bronce levouno o cubano Frank Márquez Chamizo nun combate dos máis bonitos da categoría impoñéndose ao koreano Hyo Sub Kim. Seguro que este novísimo cubano vai dar moito que falar, agora se queres ver o combate preme no video: Bronce 2: L.O. 55kg H. Kim (KOR) vs. F. Márquez (CUBA)
Hoxe comezan as categorías de menos de 60, 74 e 96 kg e a pesaxe de menos de 66, 84 e 120kg.
Para máis información vai á páxina oficial: MOSCOW 2010
SE QUEREDES VER MÁIS COMBATES DESTA CATEGORÍA PREME AQUÍ: FILA WEB TV COMBATES 55 KG

Ningún comentario: