Onte rematou o mundial sénior coas disputas das categorías de menos de 66, 74 e 120 Kg, onde o vilalbés José Cuba non tivo unha moi boa actuación ao caer en primeira rolda perante Chuluunbat Jargalsikhan (Mongolia), loitador ao que o vilalbés xa vencera nos clasificatorios do 2008. A Cuba quedáballe agora esperar a que o mongol se clasificase para final e así poder repescar, pero na seguinte rolda Chuluunbat caeu nun disputado combate ante o chino Zhiwei Zhong deixando ao noso deportista fora da competición.
Para ver o combate de Cuba preme no video: LO 120kg C. Jargalsaikhan (MGL) vs J. Cuba (ESP)
Ao fina,l foi o agora tricampión mundial Bylyal Makhov (Rusia) quen se impuxo na categoría ao vencer na final ao bicampión olímpico Athur Taymazov (Uzbekistan), seguramente nun dos combates máis esperados do mundial.
Os bronces foron para o xoven Levan Berianidze (Georgia) e Ioannis Arzoumanidis (Grecia).
Para ver a final ou outros combates da categoría preme no video: Final LO 120 kg B. Makhov (RUS) vs A. Taymazov (UZB)
En menos de 74 Kg. impúxose un dos favoritos, o ruso Denis Tsagush deixando o segundo posto para o iraní Saeed Sadegh Goudarzi. Os bronces foron para o húnagaro Gábor Hatos e o kazako Addulkhakim Sahpiyev.
Para ver a final ou outros combates da categoría preme no video: Final LO 74 kg D. Tsargush (RUS) vs.S.S. Goudarzi (IRI)
Na categoría de menos de 66 kg impúxose o que fora escollido mellor deportista da India no ano 2008 polo seu bronce en Beijing Kumar Sushil (India), a prata foi Alan Gogaev (Rusia) e os bronces para o acerbaijano Jabrayl Hasanov e o cubano Jeandry Garzón Caballero.
Para ver a final ou outros combates da categoría preme no video:Final LO 66kg. K. Sushil (IND) vs A. Gogaev (RUS)
Ningún comentario:
Publicar un comentario