Esta semana atópanse adestrando en Vilalba parte da selección nacional Sub23 de Panamá e a actual sensación da loita americana, o arxentino Agustín Destribats.

venres, 4 de xullo de 2025
EQUIPOS AMERICANOS ADESTRANDO EN VILALBA
domingo, 15 de xuño de 2025
20 VECES CAMPIÓN DE ESPAÑA SENIOR
Coa selección galega viaxaron 3 dos nosos deportistas e os 3 conseguiron subir ao podio da máxima categoría. Cabe destacar ao incombustible José Cuba que co seu Ouro suma o vixésimo título de Campión de España afianzando o seu reinado nos pesos pesados. Ningún loitador español achégase a esta cifra e terán que pasar anos para desbancar o récord do loitador vilalbés.
Cuba, alzouse co ouro tras colocarse primeiro de grupo vencendo Alexandre Loghin (Navarra), Alexandru Toth Toth (Andalucía) e Abrham Coby (Madrid). Logo na seminifal venceu a Razhik Mayilyan (Cataluña) e na final ao madrileño Carlos Acebrón.
En Barcelona tamén contamos coa representación dos loitadores vilalbeses Kevin Cuba e Catriel Pehuén.
Catriel, que participou nos pesos pesados na modalidade de Grecorromana, acadou a prata vencendo a Samauel Granchau (Cataluña) e Lucas Castán (Valencia) non podendo loitar a final ante o andaluz Ernesto Pacheco por unha lesión de xeonllo. O loitador arxentino, é varias veces medallista nos campionatos panamericanos e configúrase como un dos nosos principais competidores para as próximas tempadas.
O terceiro vilalbés en Barcelona foi Kevin Cuba, que con 18 anos recén cumpridos estreouse nun campionato de España sénior acadando un meritorio bronce en libre olímpica menos de 97 kg. Kevin perdeu en primeira rolda ante o navarro Aimar Alzón, que á postre foi o campión dándolle a posibilidade ao vilalbés de entrar na repesca polo bronce. O noso deportista aproveitou a oportunidade e venceu na loita polo bronce ao madrileño Gonzálo Guijarro.
Todos os nosos deportistas adestran no noso club, polo que estamos moi orgullosos destes resultados que demostran que dende un pequeno club podemos manter o nivel competitivo dos grandes clubs e os centros de alto rendemento e tecnificación nos que adestran a maioría dos e das deportistas que suben ao podio nos Campionatos de España. Esto non sería posible sen os medios e axuda que supón o recoñecemento como NADE por parte da Secretaría Xeral para o Deporte e as axudas específicas para a Alta Competición do noso Concello e a Deputación de Lugo.
domingo, 25 de maio de 2025
3º POSTO NA LIGA DE DEPORTE BASE DE LOITA
Nesta xornada acudimos con 30 nenas e nenos para disputar a final A na que nos enfrontabamos as 6 mellores escolas clasificadas nas xornadas norte e sur.
O primeiro clasificado foi o Keltoi de Vila de Cruces seguido do San Ignacio de Vigo en segunda posición.
Esta actividade ten un carácter lúdico na que as máis novas e os máis novos tentan demostrar o aprendido e, segundo os datos da federación, este ano houbo novas escolas que xuntaron a máis de 200 nenos nesta xornada final.
domingo, 11 de maio de 2025
CAMPIONATO DE ESPAÑA U13
Os mellores clasificados foron Noela González cun bronce e Bruno Pintos (Club de Loita Lugo) cunha prata. Alonso Maceira, Sara Martínez e Alejandra Valle remataron no 7º posto nas súas respectivas categorías.
Esta foi a primeira participación nuns campionatos de España para a maioría dos e das participantes e supuxo toda unha experiencia para todos e todas.
A selección galega obtivo o primeiro posto por seleccións dando mostra do futuro do noso deporte.
Varios destes e destas deportistas participarán a semana que ven no Torneo Villa de Gijón e finais de maio na Xornada Final de Deporte Base rematando unha frenética final de tempada chea de eventos para os e as loitadoras vilalbesas.
luns, 28 de abril de 2025
KEVIN CUBA ACADA DÚAS MEDALLAS NO TORNEO INTERNACIONAL DE JÓVENES PROMESAS
O evento tivo lugar en La Nucia (Alicante) e congregou a centos de deportistas de 17 países de Europa, Asía e América.
O sábado tivo lugar a categoría U23 na que o vilalbés Kevin Cuba acadou o bronce por detrás do representante de Canadá (1º) e de Aimar Alzón, actual do actual Campión de España da categoría e que acadou a prata.
O domingo Kevin competiu en U20 obtendo a prata tras perder a final ante o representante de Turkmenistán.
O vilalbés permanecerá en Murcia adestrando nunha concentración internacional na que participarán deportistas de 8 países.
OS NOSOS U13 CONCENTRADOS COA SELECCIÓN GALEGA
Este sábado tivo lugar no CGTD de Pontevedra a concentración previa aos Campionatos de España U13 que terán lugar en Madrid. En Pontevedra estiveron convocados os membros do equipo galego que viaxarán o próximo 10 de maio á capital do Estado, e entre eles se atopaban varios dos nosos deportistas que gañaron a súa praza nos pasados Campionatos Galegos da categoría.
Alejandra Valle, Sara Martínez, Noela González Carreira e Alonso Maceira, xunto a Bruno Pintos, serán os vilalbeses que representarán a Galicia nos Campionatos de España.
domingo, 6 de abril de 2025
2º POSTO NA XORNADA NORTE DA LIGA DE DEPORTE BASE
Este sábado tivo lugar en Melide a Xornada Norte da Liga de Deporte de Base na que nos clasificamos en 2º posto tras o Keltoi de Vila de Cruces.
Os noso equipo estivo composto por máis de 30 deportistas e con este segundo posto clasfícase para a Xornada Final que terá lugar o 26 de maio en A Estrada.
Varios destes deportistas tamén competirán no Campionato de España U13 que terá lugar en Madrid o próximo 10 de maio. En concreto viaxarán á capital do Estado Alonso Maceira, Sara Martínez, Noela González e Alejandra Valle.
domingo, 30 de marzo de 2025
CAMPIONATOS DE ESPAÑA U15 E U23
O sábado pola maña loitaron os U15 e entre os varios podios galegos destacamos as pratas vilalbesas de Jimena García e Enrique Seoane. Na mesma categoría, Héctor Somoza e Bruno Pintos , este último do Club Lugo, acadaron no 5º posto e Alejandra Valle no posto 12.
O domingo foi o turno dos U23 nos que Kevin Cuba acadou o bronce mentres que Xiao Seoane finalizou 5º.
A nosa próxima cita os protagonistas serán categorías de base na Liga de Deporte Base que terá lugar o 5 de abril en Melide.
luns, 17 de marzo de 2025
KEVIN CUBA SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA U20
Kevin Cuba acadou a prata nos Campionatos de España en menos de 97 kg na categoría U20 que se celebrou esta fin de semana no Palacio de Deportes de Gijón.
O vilalbés gañou os seus primeiros 4 combates con superioridade perdendo na final ante o outro representante galego, Iago Fernández do Pontevedra, nun axustado combate.
Xiao Seoane tamén participou no campionato conformándose cun 11º posto na categoría de menos de 70 kg.
A próxima cita para os nosos deportistas será o Campionao de España das categorías U15 o 29 de marzo en Cartagena, antes poderán participar na concentración autonómica da categoría que terá lugar no CGTD de Pontevedra o próximo fin de semana.
mércores, 12 de marzo de 2025
CONCENTRACIÓN U20 NO CGTD DE PONTEVEDRA
Este sábado os nosos deportistas Xiao Seoane e Kevin Cuba participaron na concentración previa preparatoria para os Campionatos de España U20 que terán lugar o próximo sabado día 20 en Gijón. Os vilalbeses estiveron acompañados do noso técnico Catriel Pehuén e do resto do equipo técnico da selección galega.
Gijón acollerá o primeiro campionato de España da tempada e Vilalba contará coa representación destes dous deportistas.
domingo, 16 de febreiro de 2025
PLENO DE OUROS NOS CAMPIONATOS GALEGOS U13
Cabe destacar o pleno de Ouros do noso equipo na categoría U13. Alonso Maceiras, Sara Martínez, Alejandra Valle, Noela González Carreira e Bruno Pintos (este con licenza polo Loita Lugo) subiron ao máis alto do podio domiñando as súas categorías. Varias destas deportistas tamén gañaron os pasados Campionatos Galegos na categoría superior de U15, dando mostra de que se atopan preparadas para participar nos próximos campionatos de España representando á Selección Galega.
Na categoría sénior, José Cuba domiñou a categoría dos pesos pesados en libre olímpica mentres que Catriel Pehuén acadou outro ouro na modalidade de grecorromana.
Kevín Cuba conformouse con dúas pratas, en libre olímpica e en grecorromana, na categoría de 96 kg mentres que Xiao Seoane rematou no 5º posto na categoría de menos de 74 kg.
Rematada a fase autonómica de tódalas categorías comezamos a preparación para as 17 participacións en campionatos de España que teremos neste 2025, na que será unha das nosas tempadas con máis deportistas na competición estatal, e na que José Cuba retomará a competición nacional xa recuperado dunha operación de xeonllo e buscando superar os 20 títulos de Campión de España.
domingo, 26 de xaneiro de 2025
6 OUROS NOS CAMPIONATOS GALEGOS U15 E U120
Na categoría U15 deslumbrou o pleno de ouros acadado polas nosas deportistas, Sara Martínez, Alejandra Valle, Noela González Carreira e Jimena García subiron ao máis alto do podio dominando as súas categorías. Na mesma categoría Enrique Seoane tamén obtivo o Ouro mentres que Héctor Somoza fíxose coa prata despois dunha axustada final e Aldán Balbona acadou o 4º posto no seu primeiro Campionato Galego. Nesta categoría o club obtivo a segunda praza por equipos por detrás do Keltoi de Vila de Cruces.
Na categoría U20 Kevin Cuba domiñou en 97 kg facéndose co ouro mentres que Xiao Seoane obtivo o cuarto posto en menos de 74 kg.
Varias destas deportistas quedan así clasificadas para os Campionatos de España U15 que terá lugar a finais de marzo en Cartajena.
A próxima actividade será o Campionato Galego U13 e U17 en Pontevedra e no que repetirán varias destas deportistas xunto a outras e outros compañeiros do club.