domingo, 1 de maio de 2016

YAGO LÓPEZ CAMPIÓN DO TORNEO INTERNACIONAL XÓVENES PROMESAS DE MURCIA

O vilalbés Yago López acaba de proclamarse campión do Torneo Internacional de Xóvenes Promesas que se disputou onte á tarde no CAR Infanta Cristina de Murcia. Yago participou na categoría cadete na modalidade de libre olímpica menos de 100 kg, vencendo na final a Hades Santana, sendo este o único enfrontamento da categoría.
O tamén vilalbés Carlos Sarita Yobanni García acadou a prata en cadete menos de 58 kg, sendo esta unha categoría máis concurrida aínda que sin participación estranxeira. Carlos que perdeu na final ante Mario Alonso, venceu en semifinais ao tamén vilalbés Roberto Díaz Orosa que á postre acadou o cuarto posto fóra dos postos de podio.
Aínda que o torneo contou con pouco participación era unha proba para a preselección do equipo cadete que disputará os próximos campionatos de Europa de Suecia. Os tres vilalbeses, a pesares de seren os actuais campións de España da súa categoría terán que demostrar na concentración internacioal que hoxe comeza no CAR de Murcia que están preparados para loitar internacionalmente, algo complicado para Roberto e Carlos ao non impoñerse neste evento aos seus rivais máis directos, no caso de Yago a dificultade ven pola súa mocidade pois a pesares do seu dominio na categoría aínda é cadete de primeiro ano.
Noraboa a todos e ánimo para seguir traballando nesta liña!!
VER FOTOS PODIO

Ningún comentario: