domingo, 3 de abril de 2016

2 PRATAS E 2 BRONCES NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA ESCOLAR E JUNIOR

A cidade de Pontevedra foi a anfitriona dos campionatos de España das categorías Escolar e Júnior que se desputaron onte pola tarde no Pavillón Municipal e que convocou ao mellor das categorías inferiores da loita española.
A nosa provincia desprazou á cidade do Lérez a 9 deportistas dos clubs de Vilalba e Rábade, conquerindo un total de 4 preseas deixando un balance anual de 14 preseas nos diferentes campionatos de España para deportistas lucenses (5 ouros, 5 pratas e 4 bronces).
Nesta edición destacaron as pratas en Júnior Libre Olímpica dos vilalbeses Carlos Yobanni García (menos 60 kg) e Ramón Monasterio Portela (menos de 96 kg) e os bronces dos rabadenses Laura Arias (menos de 51 kg) e Jonathan Pernas (84 kg), este último na modalidade de grecorromana.
Destacar que estes deportistas, agás Ramón, son aínda Cadetes (menos de 16 anos) o que nos da unha idea do seu potencial ao desputarlle os primeiros postos aos mellores loitadores estatais da categoría Júnior (menos de 20 anos), especialmente Carlos Yobanni que tras proclamarse campión de España Cadete e desputar agora a final da categoría Júnior certifícase como un dos principais candidatos para representar á seleción española nos próximos Campionatos de Europa.
Pola súa banda, Ramón Monasterio perdeu por superioridade técnica ante o Rama (Andalucía) que chegaba a Pontevedra como principal favorito tras acadar o bronce nos pasados absolutos de Murcia. Aínda que o vilalbés amosou unha certa mellora con respecto á pasada tempada, fixéronse patentes certas carencias na súa preparación que nos teñen que facer reflexionar para mellorar de cara ás próximas citas.
Na categoría escolar, os vilalbeses José Barrio Vilasuso (menos de 85 kg) e Rubén Fraga Cal (menos 66 kg) a pesares das gañas e o valor que  amosaron
non tiveron moitas oportunidades perdendo todos os seus enfrontamentos, algo normal tendo en conta que esta era súa primeira competición estatal.
A representación lucense completouse coa participación dos rabadenses Cristian Pena (menos de 60 kg, Libre Olímpica) e Cristian Pumares (menos e 74 kg, grecorromana) e o vilalbés Roberto Díaz (menos de 55kg, Libre Olímpica), este último resultou descalificado pola decisión salomónica do corpo arbitral tras unha acción antideportiva do seu adversario cando estaba desputando as semifinais da súa categoría. Este incidente, pode comprometer a súa clasificación para os Campionatos de Europa Cadetes, categoría na que se proclamou campión de España.
Queremos felicitar dun xeito especial a Judit Varela (Keltoi) e Lydia Pérez (Pontevedra) polos ouros acadados e o nivel amosado por estas grandísimas deportistas, felicitacións que queremos facer chegar tamén a Omar Rodríguez (Sabarís) que sendo aínda Júnior de primeiro ano acadou a prata agasallando ao público co que posiblemente foi o mellor combate da competición.
NORABOA A TODOS E AGORA A PREPARAR AS PRÓXIMAS CITAS INTERNACIONAIS!!
VER MÁIS FOTOS

Ningún comentario: