sábado, 12 de marzo de 2016

ÉXITO DA LOITA LUCENSE NOS CAMPIONATOS GALEGOS ESCOLAR E JUNIOR: VILALBA CAMPIONA POR EQUIPOS

Acábanse de desputar os campionatos galegos de loitas olímpcias das categorías escolar e júnior no pavillón municipal Santa Isabel de Santiago de Compostela, e de novo a loita lucense voltou a destacar desputándolle á provincia de Pontevedra a súa tradicional hexemonía neste deporte.
O Club Vilalba foi o máis destacado acadando o primeiro posto por equipos na categoría junior tanto nas modalidades de libre olímpica como de grecorromana e o terceiro posto na categoría escolar.
En junior destacamos a participación de Ramón Monasterio (ouro en libre e en grecorromana), Yago López (Ouro en Libre e prata en grecorromana),  Roberto Díaz (ouro en libre e prata en grecorromana) e Carlos Yobanni (prata en libre e bronce en grecorromana).
En escolar o vilalbés Rubén Fraga acadou o ouro, mentras que Jose Barrio e xermadino Adán Blanco  acadaron unha prata e un bronce. Esta foi a estrea destes deportistas na competición escolar fóra das ligas alevíns, polo que pra nós teñen moito mérito os éxitos acadados.
Por outro lado, temos que facer unha mención moi especial á participación dos alumnos da Escola de Rábade, pois xa son unha das principais escolas galegas, especialmente na categoría feminina. O ouro acadado por Laura Arias, a prata de Sonia Roa e o bronce de Gergana Dimitrova marcan o camiño a seguir polo resto dos clubs lucenses en canto á promoción deste deporte entre as escolares. Tamén da escola de Rábade, hai que destacar o ouro de Jonathan Pernas en libre e grecorromana e os bronces de Angel Campo e Cristian Pena en libre olímpica e grecorromana, Cristian Pumares ademais dun bronce en libre olímpica tamén acadou a prata en grecorromana.
Ao final o Club Rábade dirixido por Marcos Carral fíxose  co Segundo posto por equipos en grecorromana na categoría júnior e o terceiro posto en libre olímpica.
O festival de preseas lucenses remata co ouro de Manuel Antón Nùñez Ferreiro en grecorromana e 4º en Libre Olímpica na categoría escola, o loitador do Club de Loita Lugo tamén se iniciaba nesta competición polo que non lle puiodo ir mellor ao deportista adestrado por Pablo Pintos.
A próxima cita para os campións será o Campionato de España Júnior e Escolar que terá lugar o próximo 2 de abril en Pontevedra. Varios dos nosos deportistas tentarán loitar polos primeiros postos na máxima competición do estado.
Noraboa a todos e ánimo para seguir traballando.

Ningún comentario: