domingo, 7 de febreiro de 2016

RAMÓN MONASTERIO PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB23

Este fin de semana tiveron lugar na localidade murciana de San Javier os campionatos de España de loitas olímpicas da recén estreada categoría de Sub 23, e aínda que a primeira edición estatal desta categoría non tivo o poder de convocatoria esperado, cabe destacar a participaron dos mellores puntais de cada delegación na súa categoría. No caso de Ramón Monasterio tivo que enfrontarse ao ruso Gorgi Nogaev en menos de 125 kg, e aínda que o combate foi para o ruso fichado pola delegación murciana con bastante superioridade, o vilalbés plantoulle cara a pesares de atoparse nunha categoría de peso e idade superiores á súa.
Ramón acudía á cita co obxectivo de rodarse tras unha lesión no ombreiro que o mantivo inactivo estas cinco últimas semanas, e aínda que botou en falla máis combates dada a reducida participación, nalgunhas categorías apenas chegaban aos tres participantes, as sensacións foron boas ao constatarse a súa recuperación e ao poder enfrontarse ao campión ruso que representou a esta potencia nos pasados campionatos de Europa Cadete.
A próxima cita de Ramón será o campionato de España absoluto do próximo 20 deste mes. De novo alí poderá enfrontarse ao ruso Nogaev ao que tentará superar, proba que lle servirá ao vilalbés para prepararse de cara ao seu verdadeiro obxectivo; o campionato de España Júnior en menos de 97 kg do mes de abril.
Por outro lado, destacar a gran participación do resto dos galegos en Murcia, especialmente a de Lydia López (Pontevedra), Sara Vieitez (San Ignacio), Sergio Turkan (Kuzhusi) e Damián Iglesias (Touro) que acadaron os ouros nas súas respectivas categorías.
Galicia acadou o bronce por equipos nas categorías de libre feminina e libre masculina, quedando fóra do podio na modalidade de grecorromana, a pesares do bronce acadado polo lucense Nicolás López en menos de 130 kg, bronce moi meritorio despois do parón de Nicolás tras unha operación de xeonllo.
Noraboa a todos e a prepararse para as próximas citas!! 

Ningún comentario: