domingo, 21 de febreiro de 2016

3 OUROS PARA VILALBA E UN 3º POSTO POR CLUBS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE MURCIA

 De novo os loitadores vilalbeses voltan a demostrar que a loita ten neste recuncho do país un auténtico viveiro de guerreiros, e é que tras 20 anos casi que de maneira consecutiva tendo campións de España e con máis do medio centear de títulos estatais entre os nosos deportistas, agora chega sabia nova para demostrarnos que isto aínda pode mellorar máis  e garantindo un dos futuros máis prometedores para o deporte galego.
O relevo ven da man de loitadores como Roberto Díaz Orosa (menos de 54 kg), Carlos Yobanni García (menos de 58 kg) ou Yago López Fernández (menos de 100kg) que acaban de proclamarse campións de España da categoría cadete  libre olímpica na competición que se celebrou onte pola tarde no Pavillón Municipal Príncipe Felipe de San Javier (Murcia). Os vilalbeses foron unha peza decisiva no primeiro posto  por seleccións en libre olímpica cadete masculino, xunto co outro ouro galego de Jesús Gonzálvez do Keltoi.
Este pleno de ouros vilalbeses serviron ademáis para colocar a Vilalba de novo no podio por equipos cun terceiro posto.
Tamén hai que destacar as actuacións do resto de loitadores da provincia como as dos rabadenses Christian Pena e Laura Arias que acadaron sendos bronces en 58 kg cadete grecorromana en libre feminina menos de 52 kg. O rabadense Jonathan Pernas non tivo oportunidade de loitar polas preseas na categoría de menos de 85 kg.
Na categoría senior a provincia tamén tivo representación, sendo a prata de Nicolás López (Lugo) en menos de 130 kg grecorromana o éxito máis salientable, éxito que por outro lado ven despois dunha lenta recuperación tras a súa operación de xeonllo. O vilalbés Ramón Monasterio en menos de 125 kg libre olímpica quedou fora da loita polas medallas despois de caer ante Gorgi Nogaev en primeira rolda e ante o vasco Unai Díaz na repesca polo bronce.
Queremos destacar os éxitos acadados polos deportistas doutros clubs capitaneados por adestradores vilalbeses, especialmente polos deportistas do Clube Pontevedra dirixido por Marcos Miragaya e os ouros de Carmen Salgado (cadete feminino en menos de 52 kg) e a prata de Lidia Pérez (senior feminino en menos de 58kg) así como a prata de Vladis Zernov do Stellae de Nicolás Castro en cadete menos de 48kg.
Agora toca por a vista nos próximos campionatos estatais, esta vez da categoría júnior onde Ramón Monasterio tentará alzarse co título en menos de 97 kg. Pola súa banda os cadete, en concreto Roberto e Carlos tentarán preparar a súa clasificación para os continentais cadete.
Noraboa e boa sorte a todos!
VER MÁIS FOTOS

Ningún comentario: