domingo, 28 de decembro de 2014

TORNEO HQR DE PONTEVEDRA

O Club Vilalba clasificouse no segundo posto por equipos no Torneo HQR de Pontevedra, so por detrás do clube Pontevedra como entidade organizadora.
Na categoría Junior contamos cos ouros de Carlos Jobanni García que en menos de 52 kg impúxose na final ao tamén vilalbés Roberto Díaz Orosa. En menos de 90 kg e tamén na categoría Júnior foi Ramón Monasterio o que nos trouxo os ouros nas modalidades de libre olímpica e na de grecorromana. Caique de meneces tamén contribuiu á colleita de preseas cunha prata en grecorromana en menos de 65 kg.
Xa na categoría sénior temos destacar a prata de Ángel García Roibás en máis de 90 kg e a prata de Pablo Chao Durán en menos de 80 kg concluíndo así a representación vilalbesa en Pontevedra.
A provincia tamén contou con outros deportistas na cita como o lucense Nicolás López que conseguiu o bronce en más de 90 kg, pero os mellores resultados viñeron da man dos compañeiros do Clube Rábade cos ouros acadados por Cristian Pumares en cadete menos de 65 kg e Martín Vázquez en sénior menos de 90 kg.

Esta foi a última cita deportiva do ano e é o mellor xeito de valorar a forma deportiva dos nosos deportistas de cara á próxima tempada.

Ningún comentario: