domingo, 15 de xuño de 2014

JOSE CUBA E CATRIEL PEHUÉN OUROS NA COPA DE ESPAÑA


A selección galega ven de asinar un magnífico papel na Copa de España de loitas olímpicas que se celebrou onte no pavillón de deportes do CSD en Madrid con 2 ouros, 3 platas e 2 bronces, o que lle valeu o 2º posto por equipos..
Pra nós é un orgullo que o noso clube voltase a ser decisivo no resultado do combinado galego, e é que as máximas categorías de libre olímpica e grecorromana estiveron dominada polos loitadores do club vilalbés.
José Cuba alzouse co ouro na modalidade de libre olímpica menos de 125 kg e Catriel Pehuén fixo o mesmo na modalidade de grecorromana. Os dous compañeiros de adestramento non deixaron dúbidas
da súa superioridade na categoría dominando a todos os seus rivais, entre eles atopábase Nicolás López (Club Lugo) que caeu na final de grecorromana dos pesos
pesados ante o seu compañeiro do club vilalbés.
Queremos felicitar dun xeito moi especial tanto a Cuba como a Catriel sen menospreciar o traballo do resto de participantes, pois este resultado parécenos moi meritorio. No caso de Cuba polo esforzo que lle supuxo este ano de adestramentos, e no caso de Catriel pola progresión que amosou este magnífico deportistas nos últimos tempos e que, no caso de arranxar a súa nacionalización, estamos seguros de que será a próxima referencia estatal dos pesos pesados na modalidade de grecorromana.
Vilalba contou con outro loitador en Madrid, Pablo Chao participou na modalidade de grecorromana en menos de 75 kg, categoría moi reñida na que chegou á loita polo bronce.
Queremos destacar tamén as pratas de Sara Viéitez (San Ignacio) e Damian Iglesias (Touro) e os bronces de Pablo García (deportista do Club Pontevedra do tamén vilalbés Marcos Miragaya) e Bruno Agra (Ayude).
Noraboa a todos!!!1

Ningún comentario: