domingo, 15 de xuño de 2014

ARDE LUCUS

Varios deportistas dos clubs lucenses participaron na demostración de xogos romanos que se celebraron nos arredores do parque Rosalía de Lugo durante a xornada de inauguración do Arde Lucus. Os nosos deportistas fixeron unha pequena demostración das habilidades de loita, un deporte que vense practicando casi que invariablemente dende tempor inmemoriais. Precísamente na antiga Roma era non so un deporte fundamental na preparación dos xóvenes nobles e o exército, senón que o propio Augusto deulle un forte impulso como o deporte do pobo nos seus Xogos Atléticos. A importancia da loita na antiga civilización romana ven recollida en moitas das obras que chegaron aos nosos días, aínda que co tempo pasou a un segundo lugar pola afición que os romanos colleron aos espectáculos do circo.
Este deporte xa se practica polas nosas terras por aqueles tempos tal e como recollía Estrabón na súa xeografía, destacando que nos pobos do norte da península eran moi populares as loitas atléticas.
As loitas olímpicas son a universalización dos centos de estilos de loitas tradicionais que existen no planeta, todos os pobos precisaban recoñecer ao máis valeroso e habilidoso de entre os seus veciños e isto o facían loitando. Na nosa terra ao igual que noutras sociedades de consumo, perdeuse o interés por deportes como a loita, o atletismo ou a ximnasia, o esforzo heróico, o sacrificio e o valor non son activos nun mercado no que predomina a estética do espectáculo.
As actividades como as do Arde Lucus sirven pra lembrarlle aos nosos rapaces que os galegos no seu día tivemos os nosos deportes, entre os que se atopaba a loita nunha posición destacada. 

Ningún comentario: