domingo, 22 de xaneiro de 2012

CAMPIONATO GALEGO SENIOR E CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS



Este sábado celebrouse en Pontevedra o campionato galego de loitas olímpicas das categorías Senior e Cadete. Outro ano máis Vilalba acudiu á cita cun equipo reducido debido ás baixas de última hora, o que non nos privou de subir ao podio tanto en Libre Olímpica como na categoría de Grecorromana. Isto foi posible grazas a que todos os nosos deportistas acadaron medallas nas súas respectivas categorías.
Na categoría Senior trouxemos os ouros de José Cuba e Jose Luís Puentes que gañaron con moita superioridade nas categorías de 120 e 96 kg respectivamente. Ambos loitadores cumpriron coas espectativas pois son os principais loitadores galegos para entrar no próximos preolímpicos.
Tamén na categoría de 120 kg temos que destacar a Francisco Monasterio que acadou a prata tanto en Libre Olímpica como en Grecorromana perdendo somentes co seu compañeiro de club, sen dúbida un dos novos deportistas a ter en conta de cara ás próximas citas Júnior.
En menos de 84 kg contamos coa representación de Pablo Chao que tras varios enfrontamentos puido acadar sendos bronces en Libre Olímpica e Grecorromana. Outro bronce que veu para Vilalba foi o de José Francisco Bermúdez en menos de 74 kg que fixo un gran esforzo para estar en Pontevedra e non deixar aínda máis mermado ao equipo vilalbés.
En cadate queremos facer unha mención especial a Ramón Monasterio que pertencendo á categoría escolar foi quen de acadar a prata en Libre Olímpica e o ouro en Grecorromana en menos de 76 kg.
Varios dos nosos deportistas serán convocados pola seleción galega para representar a Galicia nos campionatos de España que terán lugar en Murcia o próximo 11 de Febreiro.
VER FOTOS

1 comentario:

Anónimo dixo...

noraboa polos bos resultados acadados,notase que se está facendo un bo traballo, seguide as