De luns a xoves tivo lugar en Sada a concentración preparatoria para os campionato de España que terán lugar en Murcia o Sábado 12 de Marzo. A Sada viaxaron 4 deportistas do Club Vilalba acompañados do ruso Valeri Bedoev que rematou a súa estancia na nosa terra este Xoves regresando a Osetia para tomar parte no campionato da rexión e que dixo estar moi agusto en Vilalba amosando o seu interese de regresar no verán acompañado de máis deportistas para adestrar e axudar a Cuba e Jose Luís na súa preparación de cara ao mundial de Setembro.
Concentracións como as de Sada organizadas pola federación galega son unha moi boa oportunidade para os nosos deportistas de adestrar con outros rapaces dos diferentes clubs galegos e nunhas condicións nas que non poden facelo en Vilalba por falla de medios e sobre todo de instalacións axeitadas para a práctica deste deporte

Ningún comentario:
Publicar un comentario