venres, 11 de marzo de 2011

CAMPIONATO DE ESPAÑA SENIOR E CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS

NOTA DA FGL:
DEFENSA: A SELECCIÓN GALEGA DE LOITAS OLÍMPICAS DEFENDERÁ O TÍTULO DE CAMPIONA DE ESPAÑA EN MURCIA

A Selección Galega de Loitas Olímpicas parte esta noite cara a San Javier (Murcia), onde defenderá o título de Campioa de España por seleccións.

Este é un fin de semana comprometido para as Seleccións Galegas sénior e cadete de Loitas Olímpicas, xa que parten como favoritas no Cto. de España da modalidade. É non só temos en conta a selección, xa que o club de Loitas Olímpicas de Vilalba e o Club Keltoi de Vila de Cruces, parten con opcións de subirse o podio na clasificación final masculina por clubs a nivel nacional. Por outra banda, o Club San Ignacio de Vigo, parte con moitas opcións no cto. feminino por Clubs, onde presenta unha nutrida convocatoria de deportistas.
Os deportistas teñen un longo e difícil camiño dende Galicia ata Murcia, 15 horas de viaxe que aumentan o cansazo dos deportistas e merman a capacidade de rendemento dos mesmos. Pero nomes propios como os Cruceños: Miguel Caramés, Eliseo Permuy, Luis Garnil, ou os Vilalbeses:  Jose Cuba ou Jose Luis Puesntes, ou o Vigués: Eder Villanueva, fan desta expedición o mellor equipo dos últimos anos.
Un total de 53 integrantes, forman parte do maior desembarco Galego nun Campionato de España, dando fe do incansable traballo de promoción e organización deportiva dos Clubs e da Federación Galega.
A promoción dos árbitros a nivel Nacional tamén está presente no equipo, coa presenza de dous dos árbitros mais novos do colexio nacional, e a incorporación de Rubén Varela (Club Stellae) como elexible para o ascenso o mesmo.

Ningún comentario: