xoves, 4 de novembro de 2010

A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE SUBVENCIONA A COMPRA DUNHA FURGONETA

A pasada semana saíu publicada a resolución das axudas para a adquisición de equipamentos para entidades deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte, e ao noso club foi concedida unha axuda de 9.900 € para a adquisición dunha furgoneta.
Este é un investimento que o Club de Loitas Olímpicas Vilalba leva anos tentando plantexalo, pero a falla de presuposto e prioridade doutras actividades relegou o súa execución ata hoxe.
A furgoneta que será adquira no mercado de segunda man para axustarse aos presupostos da entidade dará resposta ás necesidades dos nosos deportistas permitíndonos máis desprazamentos e o máis importante, axudará a achegar este deporte a outros concellos e centros educativos da comarca e da provincia.
A compra deste material non sería posible sen a colaboración de varias empresas de Vilalba e da provincia. Varios deportistas desta entidade estiveron a facer unha peregrinaxe entre o sector empresarial lucense para acadar o investimento privado suficiente que garanta non só a adquisición do vehículo senón que tamén o seu mantemento. Aínda que fan falla máis colaboradores, xa son varias as empresas que se amosaron interesadas en participar deste proxecto ben como patrocinadores oficiais, ben como proveedores ou ben como colaboradores.
De entre os patrocinadores oficiais que asumirán un maior coste do proxecto se atopan Electricidade Moncho e Santomé, Caixa Rural Galega ou Restaurante Casa Paco de Lugo. A imaxe corporativa destas empresas terá unha maior presencia non só na furgoneta, senón que tamén en todos os soportes físicos e materias do club (documentos, equipacións, instalacións,etc).
Os proveedores oficiais son aqueles que xa veñen colaborando coa entidade e que facilitarán o mentemento do vehículo, entre eles se atopan a empresa de deseño e impresión Inker  e o Taller Basanta Souto de Vilalba.
Varias empresas da comarca tamén participarán como colaboradores a cambio da impresión da súa marca na furgoneta, empresas como Cafetería A Pravia, Discoteca Hermo de Muimenta, Hostal Terra Chá, Bar Estudiantes, Queixería Daniberto ou Talleres Freire.
Nos próximos días a directiva do club tentará ir pechando os acordos de colaboración con outras empresas interesadas pois aínda é precisa unha maior implicación do sector empresarial para facer sostible este novo proxecto.

Ningún comentario: