martes, 16 de novembro de 2010

O CLUB VILALBA SUBVENCIONA AOS SEUS DEPORTISTAS A INSCRICIÓN NO CURSO DE ARBITROS DE NIVEL I DAS MODALIDADES DE LOITAS OLÍMPICAS, GRAPPLING E SAMBO

A Federación Galega de Loita quere continuar co programa formativo dos seus arbitros e xuíces, polo que o próximo 11 de Decembro terá lugar nas instalacións do CGTD de Pontevedra os cursos de:
  • Árbitro Rexional de nivel 1 de Loitas Olímpicas.
  •  Árbitro Rexional de nivel 1 de Loita Grappling.
  • Árbitro Rexional de nivel 1 de Loita Sambo.
  • Curso de actualización do Colexio de Árbitros para presentarse ao ascenso.
O curso será impartido polo Árbitro Internacional e presidente do Colexio Galego de Árbitros de Loita da Federación Galega, D. Ángel Amor.

Este curso conta coa convadilación do Colexio Nacional de Árbitros da Federación Española.

O curso é obrigatorio para poder ascender de categoría a nivel nacional e internacional.

A inscrición terá un custo de 30€ e ao finalizar entregarase aos asistentes o Diploma de participación, expedido pola Federación Galega de Loita, obtendo o título de xuíz novel.

Con este curso a Federación Galega pretende facilitar que os clubs galegos poidan cumprir coa normativa de presentar un árbitro nos campionatos oficiais e unha maior presencia dos árbitros galegos a nivel nacional.

LUGAR E HORARIO

Sala de audiovisuais do CGTD, sito na rúa Pai Fernando Olmedo s/n. Estadio da Xuventude de Pontevedra. O horario do curso será o Sábado día 11 de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

MATERIAL PARA O CURSO.
  • Os asistentes ao curso deben traer:
  • Papel e bolígrafo.
  • Pantalón de adestramento de cor azul.
  • Camisola de adestramento de cor branca.
  • Botas de loita.
DATA DE INSCRIPCIÓN. A inscrición farase na Federación Galega mediante correo, fax ou e-mail antes do día 23 de Novembro.
O CLUB DE LOITAS OLÍMPICAS VILALBA SUBVENCIONARÁ O TOTAL DA INSCRICIÓN NO CURSO A TODOS OS SEUS DEPORTISTAS QUE SE ATOPEN INTERESADOS EN CURSALO. PODEN SOLICITAR O FOLLETO DE INSCRICIÓN NAS INSTALACIÓN DE ADESTRAMENTO. TODA A INFORMACIÓN SE ATOPA NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Paréceme normal que este club teña os resultados que ten. É de agradecer que ademais do deporte que promocionan o responsable do club estea pendente da formación dos seus deportistas e afeccionados como demostra a iniciativa de custear a inscrición no curso de arbitraxe.
Bo traballo e moita sorte de cara o futuro.